|
 Este 22 de maio é o Día Mundial da Biodiversidade, un acordo da ONU para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é "Auga e Biodiversidade", para resaltar o papel da biodiversidade e os ecosistemas en garantir a seguridade da auga e o desenvolvemento sustentábel. En Galiza, moitos dos nosos máis valiosos ecosistemas húmidos, dende as serras interiores até a costa, están en perigo xunto coa enorme biodiversidade que acubillan. Son as políticas públicas sectoriais ( enerxética, mineira, de infraestruturas...) e a nefasta xestión dos espazos naturais, a principal ameaza aos servizos ecosistémicos que prestan á sociedade: Auga limpa, autodepuración, xeración de biomasa, amortecemento dos impactos do cambio climático... Sen ecosistemas sans e biodiversos, non será posíbel termos auga limpa e alimentos para todos/as. Mentres, ADEGA segue a traballar a prol da biodiversidade: Construindo outra charca, eliminando flora exótica dos nosos ríos ou celebrando a diversidade con música, curtas e roteiros.
|
Ler máis...
|
16 de maio de 2013. Unha representación dos movementos sociais galegos, plataformas veciñais, concellos e organizacións ecoloxistas vimos de asistir a unha audición no Parlamento Europeo, organizada polo grupo Verdes-ALE, para debater sobre a megaminaría contaminante. Os proxectos mineiros de Corcoesto, A Limia, Cartelle-Ramirás e Castrelo son só algúns das ducias de ameazas que nestes intres pairan sobre a nosa terra debido á cobiza dalgunhas empresas e á conivencia e a corrupción dalgunhas administracións. Dende ADEGA esixímoslle ao Parlamento Europeo que faga os seus deberes e lexisle (abonda xa de resolucións) para prohibir determinadas prácticas mineiras que como o uso do cianuro ou o "fracking" poñen en perigo a terra e a vida especulando indecentemente coa saúde da cidadanía.
|
Ler máis...
|
14 de maio de 2013. A Comisión Promotora da ILP e todas as entidades que con ela teñen colaborado ao longo do proceso de redacción e difusión do texto e recollida de sinaturas, desexamos manifestar o seguinte: 1º Lamentamos fondamente a decisión do Partido Popular de rexeitar considerar as bondades do texto que se formulaba e as solucións que sen dúbida achegaría ao problema que supón na nosa terra a situación actual do tratamento dos residuos que tod@s @s galeg@s xeramos día a día. E lamentamos tamén as razóns esgrimidas para facelo.
|
Ler máis...
|

8 de maio de 2013. A Xunta vén de presentar o Plano Sectorial de Actividades Extractivas (PSAEG), documento polo cal ningún solo, por moita protección que teña, estará libre de minas. É o derradeiro cravo co que o PP remacha o anuncio de "Galiza é unha mina", e que permitirá á patronal mineira asaltar novos territorios até agora vedados: Espazos naturais, paisaxes protexidas, xacementos e monumentos históricos... Na redacción do documento, dirixido pola Cámara Mineira, participou unha importante consultora, EPTISA, que preside o ex-banqueiro Ángel Corcóstegui e de cuxo consello asesor fixo parte até decembro de 2011 Luis De Guindos. Outro dato curioso é que no documento, a respeito da minaría do ouro, afírmase que Corcoesto xa foi declarado proxecto industrial estratéxico (pp. 52 e 79), o que non se producíu (aínda). Está claro que intereses moven o plan mineiro da Xunta...
|
Ler máis...
|
Lugo, 30 de abril de 2013. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO", cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril de 2011 en Santiago de Compostela, e debido ao éxito das anteriores edicións, con medio centenar de relatos e outras tantas fotografías, así como unha ducia de curtametraxes. ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías, de relatos e de curtametraxes, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Os tres concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Bases FOTOS, Bases CURTAS; Bases RELATOS
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 47 |