Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Este Nadal consume ecolóxico, local, xusto e galego PDF Imprimir Correo-e
Envia Este Nadal consume ecolóxico, local, xusto e galego a FaceBookEnvia Este Nadal consume ecolóxico, local, xusto e galego a Twitter

Compostela, Nadal de 2012. Dende hai algúns anos, ADEGA desenvolve nestas datas campañas relacionadas co Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas”,“Carta das raíñas magas”ou "Por un Nadal máis ecolóxico" foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención do consumo nestas datas. Animamos á cidadanía neste 2012 a afrontar as festas e o vindeiro ano con espírito ecoloxista. Malia á crise, as previsións de consumo nestas datas non son moi diferentes ás de outros anos,mais o realmente certo é que o ecosistema Terra si está en crise dende hai tempo. Non podemos sacrificar o ambiente en prol dun progreso consumista e espoliador. Outra maneira de vivir é precisa se queremos conservar a riqueza común que é a diversidade natural.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
DIA de Corcoesto: A Xunta asume as teses da empresa sen cuestionar os graves riscos e eivas do proxecto PDF Imprimir Correo-e
Envia DIA de Corcoesto: A Xunta asume as teses da empresa sen cuestionar os graves riscos e eivas do proxecto a FaceBookEnvia DIA de Corcoesto: A Xunta asume as teses da empresa sen cuestionar os graves riscos e eivas do proxecto a Twitter

proxCorcoesto17 de decembro de 2012. A D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental publicou a declaración ambiental (DIA) da mina de Corcoesto, un documento que pasará aos anais dos despropósitos ambientais (un máis) cometidos pola Xunta. Alén de que máis da metade desta DIA é un "corta-apega" literal do proxecto entregado por Edgewater, co que a Xunta asume como propios os argumentos da empresa (corta a ceo aberto, uso de cianuro, categorización errada dos refugallos, falla dun plano de emerxencia, riscos sísmicos non avaliados...), tampouco se preocupa de verificar o denunciado por ADEGA e outros colectivos a respeito da posíbel contaminación con arsénico do LIC do Anllóns. Precisamente un recente estudo do CSIC e a U. de Vigo (Costas et al. 2011) revelado pola SGHN pon de manifesto os altísimos níveis de As na bacía do Anllóns, relacionados cos antigos labores mineiros. Se unhas galerías antigas e cativas son quen de deitar 850 kg de As cada ano ao esteiro do Anllóns (Rede Natura 2000), que fará unha enorme mina a ceo aberto de máis de 1 millón de m2?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA a Feijóo e Tahoces (D. X. Industria): Apostar polo "fracking" é permitir envelenar as raices da terra PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA a Feijóo e Tahoces (D. X. Industria): Apostar polo "fracking" é permitir envelenar as raices da terra a FaceBookEnvia ADEGA a Feijóo e Tahoces (D. X. Industria): Apostar polo "fracking" é permitir envelenar as raices da terra a Twitter

gasland20 de decembro de 2012. Diante das recentes manifestacións de Feijóo e Tahoces (D. X. de Industria) apoiando os métodos non convencionais para a extracción de gas en Galiza, ADEGA manifesta o seu total rexeitamento a calquera iniciativa que pretenda utilizar a técnoloxía coñecida como "fracking" no noso país. O "fracking" ou fracturamento hidráulico é unha tecnoloxía desenvolta para a obtención de gas natural en xacementos que non poden ser aproveitados polas técnicas habituais de extracción.  No proceso empréganse máis de 500 produtos químicos diferentes, moitos deles canceríxenos e mutaxénicos. Os impactos abranguen verteduras ao ar e no medio acuático pero tamén contaminación do subsolo, desfeita da paisaxe e mesmo tremores de terra. Moitas persoas que residan nos teritorios con pozos de "fracking" deberán abandonalos pola insalubridade destas técnicas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
37 Asemblea Xeral de ADEGA: Rescata o teu ambiente! PDF Imprimir Correo-e
Envia 37 Asemblea Xeral de ADEGA: Rescata o teu ambiente! a FaceBookEnvia 37 Asemblea Xeral de ADEGA: Rescata o teu ambiente! a Twitter
resEste sábado 15 de decembro terá lugar en Compostela 37ª Asemblea Xeral de ADEGA. Será na Casa das Asociacións, en horario de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30. Dende 1976 van xa máis de 10 anos de loita ecoloxista e compromiso co país. Nesta 27 Asemblea ADEGA fará un balanzo do acontecido a nível ambiental este 2012 en Galiza e apresentaremos as liñas estratéxicas arredor das que artellaremos a resposta ecoloxista aos problemas ambientais que nos ameazan e as propostas e iniciativas para que a crise non a acabe pagando ao ambiente. Ese mesmo día celebraremos tamén a cea anual de confraternización no decurso da cal entregaremos os premios Osíxeno e Dioxina 2012.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Moitas Grazas Voluntari@s! PDF Imprimir Correo-e
Envia Moitas Grazas Voluntari@s! a FaceBookEnvia Moitas Grazas Voluntari@s! a Twitter
Arrincando raices de tintureitas5 de decembro de 2012. Dende ADEGA queremos celebrar con vós o Día do Voluntariado. Agradecemos enormemente a participación de todos e todas vós nas actividades organizadas por ADEGA, Proxecto Ríos e A Eira da Xoana, en colaboración con moitísimas entidades ao longo deste 2012, e anos anteriores. Novamente grazas por colaborar con nós nesta a nosa andaina para a conservación e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, sen vós isto non sería posible. Vémonos no 2013
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Loita contra o cambio climático: A Xunta, entre a inacción e a propaganda PDF Imprimir Correo-e
Envia Loita contra o cambio climático: A Xunta, entre a inacción e a propaganda a FaceBookEnvia Loita contra o cambio climático: A Xunta, entre a inacción e a propaganda a Twitter

masks30 de novembro de 2012. Entre o 26 de novembro e o 7 de decembro celébrase en Doha (Catar) a XVIII conferenza das partes (COP18) para establecer (ou non) os compromisos do vindeiro periodo do protocolo de Quioto que comeza en 2013. Poucos días antes do inicio da conferenza, a Xunta facía pública a súa intención de "conxelar" e revisar, mesmo denantes de apresentalo, o seu Plano de Acción contra o Cambio Climático 2011-2020, coa excusa da crise. Iso sí, a Xunta aproveitou a ocasión para publicitar un "informe" sobre o cambio climático en Galiza, un corta-apega de datos e conclusións de investigacións xa coñecidas, adubado coa correspondente propaganda en formato ristra de actuacións do máis heteroxéneo. Exemplo: Un estudo (9440€) para coñecer o impacto do cambio climático... nos vellos e vellas das residencias! Iso sí, de facer algo por reducir as emisións das térmicas galegas, verdadeiras fábricas de cambio climático e que supoñen o gordo das emisións... CERO.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA