![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
![]() A comezos da década dos oitenta incrementouse notabelmente a actividade da Asociación, sobre todo durante a campaña contra os vertidos na Fosa Atlántica, que supuxo a mobilización dunha parte importante da socieade galega, e sumaría outras muitas persoas ao traballo colectivo. Poderiamos citar a algunhas destas persoas, tais como Xesús Asorei Martínez, Fiz Fernández Pérez, Xesús Pereiras, Gonzalo Mosquera, Xosé López Ciprián, Ramón Vilalta, Antón Prieto, Tino Fraga, Henrique Niño Ricoi, entre outras muitas que contribuiron decididamente ao traballo e implantación de ADEGA. Algunhas destas persoas impulsaron as primeiras publicacións periódicas de ADEGA, o número 0 da revista ADEGA (1984), e Albadabranca (1986-1988), e as primeiras actividades de educación ambiental na Galiza.
Nos primeiros anos da década dos 80, ADEGA promoveu unha campaña de oposición aos vertidos de residuos radiactivos fronte ás nosas costas que tivo unha grande repercusión social e contribuiu decisivamente ao cesamento dos vertidos. Neses mesmos anos, alén da mobilización contra os vertidos radioactivos na Foxa Atlántica, destacan as campañas de oposición aos grandes encoros no Ulla ou no Miño (Sela), así como o estudo e reivindicación da declaración de espazos naturais protexidos (Gandaras de Budiño en Porriño, Ancares, Baldaio... ), e a divulgación de iniciativas polo desarme e a paz. Xa desde mediados dos oitenta prestouse atención á problemática do lixo, reivindicando a redución en orixe e a reciclaxe, e andando os anos tomou peso a reivindicación dunha planificación forestal racional e a loita contra os incendios, o que conduciu á primeira Iniciativa Lexislativa Popular que chegou ao Parlamento de Galiza (ano 1989, para a conservación, a mellora e o desenvolvimento do patrimonio forestal galego), con máis de 35.000 sinaturas de apoio. Estabamos xa diante da segunda onda de celulosas (Papelga en Narón, EuroGaliza Forestal en As Pontes...) contra as que se loitou até xa entrados os anos noventa. Sen esquecer outras muitas loitas (Baldaio, tráfico perigoso polas nosas costas, co embarrancamento do Urquiola, Casón, Mar Exeo ...). Indicaremos que boa parte do traballo realizado daí en adiante, nos últimos quince anos, áchase recollido nas diferentes publicacións de ADEGA, e nomeadamente na Revista CERNA. Vitorias para lembrarTemos que resaltar o feito de que non hai vertidos radioactivos diante das costas de Galiza, que non hai ningunha central nuclear no país, que a industrialización irracional que supuxo a deterioración da Ría de Pontevedra conseguiuse que non se reproducise noutras rías e ríos, que o encoro do Sela non foi construído, que os encoros do Navia non foron construídos, que o Froito destes esforzos cómpre salientar tamén o éxito da ILP en defensa dos ríos que, promovida por ADEGA, foi aprobada polo parlamento Galego no 2006, logo dunha campaña que mobilisou a milleiros de persoas de toda Galiza. Non esquecemos tampouco a catástrofe do Prestige no 2002-2004, contra a que ADEGA mobilisou a máis de 38.000 voluntarios/as de todo o mundo, ou xa no2006, ano no que ADEGA comemorou os seus 30 anos, o vertido do Umia ou o Voluntariado Ambiental en defensa do monte, para loitar contra os efeitos da vaga de lumes. |
|