Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
A feira de produtos artesáns e ecolóxicos na Eira da Xoana consolídase como unha cita ineludíbel dos mercados alternativos PDF Imprimir Correo-e
Envia A feira de produtos artesáns e ecolóxicos na Eira da Xoana consolídase como unha cita ineludíbel dos mercados alternativos a FaceBookEnvia A feira de produtos artesáns e ecolóxicos na Eira da Xoana consolídase como unha cita ineludíbel dos mercados alternativos a Twitter

IIIfeira201310 de xuño de 2013. A terceira edición da Feira de produtos naturais e ecolóxicos da Eira da Xoana (Ramil, Agolada), servíu de novo para poñer de manifesto o dinamismo do medio rural galego e o compromiso da cidadanía consciente coa Terra e o ambiente. Ducias de produtores/as e artesáns, con produtos nidiamente galegos e ecolóxicos, partillaron as súas ofertas e interesantes saberes cunha nutrida concorrencia chegada dende todo o país. Obradoiros, palestras e demonstracións de oficios tradicionais completaron a xornada que transcorreu nun ambiente festivo e reivindicativo. Dende a organización, queremos agradecer a produtores/as e ao público asistente o seu compromiso coa nosa República Ecolóxica. Vémonos novamente na Feira de Outono. Mira as fotos da xornada neste ÁLBUM de Picasa (cromos: Ramsés Pérez)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Día Mundial do Medio Ambiente e Día dos Océanos 2013: Morte ao plástico! PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial do Medio Ambiente e Día dos Océanos 2013: Morte ao plástico! a FaceBookEnvia Día Mundial do Medio Ambiente e Día dos Océanos 2013: Morte ao plástico! a Twitter
5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Nesta data e dende 1972, a ONU promove a conciencia ambiental e a reflexión sobre os problemas ecolóxicos do planeta, incidindo nas contribucións que governos e cidadanía podemos realizar para solucionalos. Mais nestes tempos de crise, son precisamente as administracións as que por activa (mediante leis moi permisivas -Plano da Minaría, Lei de Costas, etc-) ou por pasiva (conivencia ou desleixo) están contribuindo á deterioración ambiental; e a cidadanía é a que terma da nosa natureza. Baixo o lema "Pensa, aliméntate, aforra" a ONU pretende que reflexionemos sobre os impactos que o desbaldimento de alimentos e o consumismo teñen sobre a biosfera. En ADEGA coidamos que alén de reflexionar hai que actuar, e por iso vimos apoiando e promovendo iniciativas de consumo e produción sustentábel como o mercado da Terra de Quilmas ou a Feira da Eira da Xoana. Ademais, nesta semana do ambiente ADEGA proponse sensibilizar sobre o uso masivo de plásticos na alimentación convidándoche a actuar a prol da conservación dos océanos cunha limpeza simultánea de praias. MORTE AO PLÁSTICO!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os planos de Edgewater para Galiza: Extraer o ouro de todo o País para tratalo na megaplanta de Corcoesto PDF Imprimir Correo-e
Envia Os planos de Edgewater para Galiza: Extraer o ouro de todo o País para tratalo na megaplanta de Corcoesto a FaceBookEnvia Os planos de Edgewater para Galiza: Extraer o ouro de todo o País para tratalo na megaplanta de Corcoesto a Twitter
Galician-gold-belt-23 de xuño de 2013. ADEGA vén de coñecer os planos que a mineira de Corcoesto, filial da transnacional Edgewater, ten para os xacementos de ouro galegos. Na documentación da solicitude do permiso de investigación "Julia-2" (Cabana, Ponteceso e Coristanco), a empresa expón a intención de acaparar todos os dereitos mineiros (nomeadamante de ouro) ubicados preferentemente no cinto aurífero Malpica-Tui. A empresa ten tamén a intención de abrir explotacións en calquera lugar onde haxa recursos de ouro, por cativos que sexan, e de tratalos na megaplanta de cianuración de Corcoesto para que lle resulte rendíbel. Concentrando todo o procesado do mineral nas instalacións de Cabana, evitan instalar novas plantas en cada mina (reducindo custos e trámites) e fan rendíbeis minas con pouco ouro ou leis moi baixas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial PDF Imprimir Correo-e
Envia Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial a FaceBookEnvia Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial a Twitter
MINANON-Pan
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Campo de voluntariado ambiental no Tea: 8 anos de traballo pola conservación dos nosos ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Campo de voluntariado ambiental no Tea: 8 anos de traballo pola conservación dos nosos ríos a FaceBookEnvia Campo de voluntariado ambiental no Tea: 8 anos de traballo pola conservación dos nosos ríos a Twitter

Durante a pasada fin de semana de maio, do venres 24 ao domingo 26, continuaron as actividades deste proxecto que ADEGA levou a cabo através do Programa de Voluntariado en Ríos, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –MAGRAMA– dende o ano 2006. Este 2013 as axudas deste programa de voluntariado non se convocaron, mais contamos desta volta coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Como noutras veces o voluntariado fixo uso das ferramentas axeitadas para a realización das actividades de eliminación de flora exótica e invasora, contou cun seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, así como co aloxamento e mantenza. Como actividades complementarias particupamos nun roteiro guiado polo río Alén que serviu para coñecer máis de cerca os valores naturais que alberga a bacía do río Tea. Podedes ver as fotos do VIII Campo do Tea neste Álbum de Google+

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta rexeita 300.000€ da UE para recuperar a pita do monte e dallos a asociacións prominas PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta rexeita 300.000€ da UE para recuperar a pita do monte e dallos a asociacións prominas a FaceBookEnvia A Xunta rexeita 300.000€ da UE para recuperar a pita do monte e dallos a asociacións prominas a Twitter
pitancares28 de maio de 2012. Co abandono da Xunta do proxecto Life para a recuperación da pita de monte cantábrica (Tetrao urogallus), Feijóo e Hernández certifican a definitiva extinción desta xoia do noso patrimonio natural, até hai pouco presente nas serras orientais. Se durante os anos 80 Fraga cazou un dos últimos machos de pita de monte nos Ancares, agora os seus sucesores ideolóxicos acaban de roubarnos a posibilidade de que unha especie emblemática da nosa natureza volva cantar nos seus territorios ancestrais. Porén, mentres en Asturies, Castela-León e Cantabria os seus governos pulan por recuperar esta especie, en Galiza as prioridades son outras, como empregar 300.000€ en subvencionar o lobby da minaría contaminante.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA