Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Día Mundial dos Humidais: Os humidais coidan da auga e en ADEGA coidamos das charcas PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial dos Humidais: Os humidais coidan da auga e en ADEGA coidamos das charcas a FaceBookEnvia Día Mundial dos Humidais: Os humidais coidan da auga e en ADEGA coidamos das charcas a Twitter

Charcasconvida2 de febreiro, DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS. Nesta data adoptouse en 1971 a convención internacional Ramsar para a conservación e o uso racional dos humidais. Os ecosistemas húmidos son parte da nosa riqueza natural e grazas a eles recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). O lema deste ano, "Os humidais coidan da auga", fai fincapé no papel fundamental que teñen os humidais na dispoñibilidade e boa calidade das augas. Dende ADEGA quixemos ir máis aló, e atender tamén aos pequenos humidais (menores dunha hectárea) que non están protexidos pola convención Ramsar. Eis a razón do proxecto "CHARCAS CON VIDA" que ADEGA apresenta este 2 de febreiro en Pontevedra. Malia ser unha peza chave para a conservación do noso patrimonio natural e cultural, son hábitats descoñecidos, infravalorados e sometidos a un rápido proceso de degradación e desaparición.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Aviso a navegantes: Asinar informes contrarios ás leis ambientais para favorecer un proxecto, pode levar á cadea PDF Imprimir Correo-e
Envia Aviso a navegantes: Asinar informes contrarios ás leis ambientais para favorecer un proxecto, pode levar á cadea a FaceBookEnvia Aviso a navegantes: Asinar informes contrarios ás leis ambientais para favorecer un proxecto, pode levar á cadea a Twitter

31 de xaneiro de 2013. ADEGA está a exercer a acusación particular no proceso penal contra un funcionario (J.T.M.) acusado pola Fiscalía de "antepoñer os criterios comerciais aos ambientais", e emitir informes favorábeis á construción dunha piscifatoría en Rinlo (Ribadeo) na RN2000 e sobre hábitats prioritarios. Esta obra, promovida por Ramón Álvarez-Cascos, foi paralisada e denunciada por ADEGA en 2005-6, e finalmente declarada ilegal polo TSXG en 2009, que anulou a DIA e o acordo do Consello da Xunta de Fraga. Tras procesar tamén por prevaricación ao daquela Dir. Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental J.M. Álvarez-Campana, a Fiscalía acusa agora ao funcionario, daquela xefe do servizo de Conservación e Biodiversidade por motivos similares. Dende ADEGA queremos lanzar un aviso a quenes dende a administración, e ignorando a obriga de cumprir as leis  que protexen a nosa biodiversidade máis fráxil, avalan cos seus informes proxectos manifestamente incompatíbeis coa conservación destes valores. Prevaricar contra o ambiente non pode quedar impune!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Orzamentos 2013: A Xunta lamina o investimento en conservación e pretende silenciar aos grupos ecoloxistas PDF Imprimir Correo-e
Envia Orzamentos 2013: A Xunta lamina o investimento en conservación e pretende silenciar aos grupos ecoloxistas a FaceBookEnvia Orzamentos 2013: A Xunta lamina o investimento en conservación e pretende silenciar aos grupos ecoloxistas a Twitter

recurtesMACompostela, xaneiro de 2012. Os orzamentos da Xunta para 2013, polo que atinxe aos investimentos en actuacións ambientais, afúndense un 62% con respeito aos orzamentos de 2009. Destacan especialmente os 0 (cero) euros que investirá en 2013 Xunta de Feijóo na loita contra o cambio climático, os 0€ adicados á erradicar as especies invasoras, 0€ tamén para as Axendas 21 Locais ou 0€ para educación ambiental. Xa nin falamos das axudas ás entidades ambientalistas, cuxo papel como axentes da participación pública e garantes da transparencia ambiental énos recoñecido en diversas Directivas e leis estatais e autonómicas. Non só pretenden calarnos adicando, como durante toda a era Feijóo, 0€ para actividades e funcionamento, senón que levan meses sen convocar os organismos consultivos (Consello Galego de Medio Ambiente e Observatorio Galego da Biodiversidade) nos que temos representación, incumprindo as súas propias normas de funcionamento. Mensaxe a Feijóo: Nen así conseguirá calarnos!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
"Charcas con Vida", novo proxecto de ADEGA que une custodia, EA e voluntariado PDF Imprimir Correo-e
Envia "Charcas con Vida", novo proxecto de ADEGA que une custodia, EA e voluntariado a FaceBookEnvia "Charcas con Vida", novo proxecto de ADEGA que une custodia, EA e voluntariado a Twitter

Logo300CMYK22 de xaneiro de 2013. Este día presentouse o proxecto "Charcas con Vida" no concello de Pontrevedra. Custodia do territorio, educación ambiental e voluntariado ambiental únense neste proxecto para dar a coñecer os pequenos humidais de Galiza, contribuíndo á conservación do patrimonio e da natureza. A iniciativa ten como obxectivo divulgar a importancia das charcas como espazos de alto valor patrimonial, tanto cultural como natural, e fomentar comportamentos e prácticas que axuden ao seu coñecemento e conservación. O vindeiro 2 de febreiro (Día Mundial dos Humidais) ADEGA celebrará unhas xornadas no Pazo da Cultura de Pontevedra sobre a importancia da conservación das charcas. Baixa o pdfPROGRAMA(0,7 MB).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
SOGAMA + Incineración = Cancro. A ecuación dos residuos do PP, outra volta confirmada por estudos científicos PDF Imprimir Correo-e
Envia SOGAMA + Incineración = Cancro. A ecuación dos residuos do PP, outra volta confirmada por estudos científicos a FaceBookEnvia SOGAMA + Incineración = Cancro. A ecuación dos residuos do PP, outra volta confirmada por estudos científicos a Twitter
incineradoranon28 de decembro de 2012. SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), a entidade semipública que xestiona o 82% dos refugallos urbanos do país mediante a incineración e o vertido é unha das empresas máis contaminantes de Galiza, e tamén unha das máis perigosas para a saúde. Un recente estudo de investigadores/as do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid, publicado na revista Environmental International, conclúe que a poboación que reside preto das incineradoras ten un maior risco de padecer cancro. Porén, e malia a que este sistema é máis nocivo, caro, contaminante e insolidario que a compostaxe, o PP persiste en defendelo contra toda lóxica. A pregunta é: Quen se lucra cos refugallos a costa da nosa saúde?
NOTA: Por desgraza, esta nova non é unha brincadeira!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA recurrirá a DIA de Corcoesto pola fradulenta caracterización dos residuos: 68.798 Tm de As e 4.368 de cianuro "non perigosos"? PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA recurrirá a DIA de Corcoesto pola fradulenta caracterización dos residuos: 68.798 Tm de As e 4.368 de cianuro "non perigosos"? a FaceBookEnvia ADEGA recurrirá a DIA de Corcoesto pola fradulenta caracterización dos residuos: 68.798 Tm de As e 4.368 de cianuro "non perigosos"? a Twitter
refcorcoesto27 de decembro de 2012. Outra das mentiras do proxecto mineiro de Corcoesto que a Xunta aprobou hai uns días, como agasallo de Nadal envelenado para toda a poboación galega, é a caracterización dos refugallos mineiros. Para Edgewater e os seus cómplices na Xunta, estes refugallos (do oco, entulleiras e balsas) son "non inertes, non perigosos". Isto significa que ao non seren considerados perigosos as instalacións nas que se depositan non teñen a categoría "A" e, portanto, non precisan dun Plano de Emerxencia Exterior (PEE) que estableza os protocolos de actuación diante dunha emerxencia que supere a capacidade de resposta dos servizos habituais. Como é posíbel que a Xunta tolere esta fraudulenta catalogación dos refugallos mineiros malia a conter enormes cantidades de arsénico facilmente lixiviábel alén de compostos cianurados? E como é posíbel que a Xunta non lle esixa a Edgewater contar cun PEE, arriscando deste xeito a saúde ambiental e cidadá?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA