Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Criamos unha nova charca na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Criamos unha nova charca na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Criamos unha nova charca na Eira da Xoana a Twitter

IMG 0194O pasado sábado 13 de abril, ADEGA organizou a primeira xornada de voluntariado ambiental dentro da iniciativa Charcas con Vida, un novo proxecto que ten como obxectivo concienciar á cidadanía da importancia das charcas nos ecosistemas galegos, alertalos ante a desaparición das mesmas e animar a grandes e pequenos a achegarse a estes interesantes hábitats. Como actividades de voluntariado ambiental ADEGA organiza xornadas para a construción de charcas, a primeira creouse na Eira da Xoana o pasado sábado. ALBUM DE FOTOS DA XORNADA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plano Director de Acuicultura: A Xunta insiste nun modelo insustentábel e ruinoso para entregar a costa a empresas como PESCANOVA PDF Imprimir Correo-e
Envia Plano Director de Acuicultura: A Xunta insiste nun modelo insustentábel e ruinoso para entregar a costa a empresas como PESCANOVA a FaceBookEnvia Plano Director de Acuicultura: A Xunta insiste nun modelo insustentábel e ruinoso para entregar a costa a empresas como PESCANOVA a Twitter

PDA17 de abril de 2013. A Xunta vén de apresentar o definitivo Plano Director de Acuicultura (PDA), o instrumento legal que permitirá á patronal acuícola asaltar a Rede Natura, comezando por Touriñán. Ducias e ducias de páxinas de infografías e retórica, ao estilo dos libros brancos fraguianos, para xustificar que toda a nosa costa é susceptíbel de acoler piscifatorías. Sen zonas de exclusión, sen medidas para reducir impactos sobre o territorio e os recursos naturais máis aló da cosmética, sen informe de viabilidade económica nen orzamento... A Xunta teima en apoiar o "sistema PESCANOVA", un modelo fracasado baseado na especulación, o produtivismo e a desregulación ambiental, cunha ínfima criazón de emprego. Semella que nin Feijóo nin Fernández de Sousa aprenderon nada da nefasta experiencia de Pescanova en Mira...

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Manifestación en Carballo en defensa da Terra e contra a barbarie mineira de Corcoesto PDF Imprimir Correo-e
Envia Manifestación en Carballo en defensa da Terra e contra a barbarie mineira de Corcoesto a FaceBookEnvia Manifestación en Carballo en defensa da Terra e contra a barbarie mineira de Corcoesto a Twitter

Este domingo 14 de abril ás 12 h. convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, da que fai parte ADEGA, centos de persoas démonos cita nunha multitudinaria manifestación en Carballo contra a autorización por parte da Xunta de Galiza da mina de Corcoesto, como pretende a empresa transnacional canadiana Edgewater. Manuel Rivas pechou acto dando lectura ao manifesto da Plataforma. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta aurífera Malpica-Tui, e ducias doutros proxectos mineiros por todo o país. Con este acto en Carballo e coas mobilizacións que seguirán queremos dicirlle á Xunta que Bergantiños, que Galiza, non quere esta nin esta nin calquera outra mina destrutiva no noso territorio.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Ollo aos cantos de serea do PP coa biomasa: Son máis eucaliptos e cultivos enerxéticos! PDF Imprimir Correo-e
Envia Ollo aos cantos de serea do PP coa biomasa: Son máis eucaliptos e cultivos enerxéticos! a FaceBookEnvia Ollo aos cantos de serea do PP coa biomasa: Son máis eucaliptos e cultivos enerxéticos! a Twitter

eucaliptalmar11 de abril de 2013. Diante da recente aprobación por parte do Parlamento de Galiza dunha proposición non de lei do PP, transacionada con AGE, para o impulsar o aproveitamento da biomasa forestal con fins enerxéticas e "reducir a dependencia enerxética do noso país", ADEGA quere manifestar o seu rexeitamento ao espírito e obxectivos da mencionada iniciativa. Baixo o "inocente" paraugas do autoconsumo doméstico e da promoción das caldeiras de leña e "pellets", agóchase a intención do oligopolio pasteiro-enerxético de recolonizar o país con eucaliptos e outras especies de crecemento rápido, da man dun decreto de cultivos enerxéticos que está a preparar o PP. Plantar milleiros de hectáreas de masas monoespecíficas de eucaliptos transxénicos, paulownias e outras invasoras en cortas de 4-5 anos, para queimar, voltar a plantar, queimar...

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe PDF Imprimir Correo-e
Envia Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe a FaceBookEnvia Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe a Twitter

4 de abril de 2013. Representantes da Comisión Promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA" vimos de reuirnos cos grupos do PSdG-PSOE, AGE e BNG para lles demandar un posicionamento a favor da toma en consideración desta iniciativa. Os tres grupos amosaron a súa postura favorábel a apoiar esta ILP e incorporala ao ordenamento xurídico galego. A ILP dos residuos entrou no Parlamento co aval de case 22.000 galegos e galegas que demandan unha outra xestión dos refugallos urbanos allea á incineración e vertido que practica SOGAMA. Agora depende do grupo do PP, que até o de agora non respostou ás peticións de entrevista, estar á altura do compromiso destes milleiros de persoas permitindo unha tramitación rápida e apoiando unha norma que só pretende dar forza xurídica á xerarquía dos "3R" consagrada pola normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xuízo Prestige: Reconstrución forense dunha das piores mareas negras da historia malia á censura dos governos do PP PDF Imprimir Correo-e
Envia Xuízo Prestige: Reconstrución forense dunha das piores mareas negras da historia malia á censura dos governos do PP a FaceBookEnvia Xuízo Prestige: Reconstrución forense dunha das piores mareas negras da historia malia á censura dos governos do PP a Twitter

Este pasado 21 de marzo declararon no xuízo do Prestige os peritos biólogos propostos por Nunca Máis para testemuñar sobre os impactos ecolóxicos da marea negra. Resultaron afectados 1 Parque Nacional, 1 Parque Natural, 20 LICS e 6 ZEPAS. Estímase que morreron 300.000 aves, 841 tartarugas, 84 cetáceos, 28 lobos marños e 46 lontras. Con estes datos, cualifícaron o Prestige coma unha das piores mareas negras a nivel mundial. Fronte aos intentos de relativizar os impactos por parte da defensa de López Sors, os nosos compañeiros efectuaron un labor de reconstrución dada a restrición de información á que tiveron que enfrontarse. En comparación coa profusión de datos e estudos nos casos do Exxon Valdez ou Erika, no Prestige castráronse e desmanteláronse moitas equipas de investigación, existindo unha falta de apoio interesado para investigar sobre a marea negra por parte das administracións. Aínda así hai evidencia de graves secuelas nas cadeas tróficas e nas poboacións dalgunhas especies en perigo de extinción.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA