Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
Comeza RoteiRíos 2011: a restauración dos ecosistemas fluviais PDF Imprimir Correo-e
Envia Comeza RoteiRíos 2011: a restauración dos ecosistemas fluviais a FaceBookEnvia Comeza RoteiRíos 2011: a restauración dos ecosistemas fluviais a Twitter
restaurarios1.jpgMarzo de 2011. RoteiRíos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e social asociado. Nste 2011 imos pola cuarta edición e a temática escollida é a restauración fluvial. Pretendemos dar a coñecer á cidadanía actuacións que se teñen feito nesta materia e que seguiran criterios ambientais, sendo o obxectivo principal a recuperación do ecosistema. Moitas veces as actuacións nos cauces e ribeiras supoñen unha agresión ao medio e o seu suposto beneficio está moi lonxe de acadar a recuperación do ecosistema, previamente degradado polas actuacións humanas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas PDF Imprimir Correo-e
Envia Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas a FaceBookEnvia Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas a Twitter

Acuicultura23 de marzo de 2011. A instalación de gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros é para ADEGA outro episodio na confrontación entre dous modelos de produción de alimentos: o baseado nos recursos endóxenos e na conservación dos ecosistemas, e o estritamente produtivista que promove a acuicultura industrial intensiva. A pesca de baixura e o marisqueo baséanse en aproveitar a gran potencialidade biolóxica das rías; deixan ademais máis valor engadido nas comunidades locais e xeran máis postos de traballo. A acuicultura industrial, tanto en terra como no mar, busca xerar grandes producións de peixe barato mediante a intensivización, a alimentación forzada e o uso masivo de antibióticos e produtos químicos. Está deseñado "de costas" ao mar, con criterios exclusivamente economicistas e especulativos. Provoca ademais importantes desequilibrios ambientais e sociais, xera menos emprego e pon en perigo a potencialidade biolóxica e o futuro dunhas rías xa de por si moi castigadas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA apoia o manifesto da SGEA a favor da Educación Ambiental en Galiza PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA apoia o manifesto da SGEA a favor da Educación Ambiental en Galiza a FaceBookEnvia ADEGA apoia o manifesto da SGEA a favor da Educación Ambiental en Galiza a Twitter
3 de febreiro de 2011. O pasado 1 de decembro de 2010 a Sociedade Galega de Educación Ambiental deu a coñecer o manifesto “NON Á DESAPARICIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA”. Este documento, que fai repaso da preocupante situación da Educación Ambiental na nosa comunidade e recolle as propostas e peticións do sector, foi remitido a colectivos, empresas e particulares ao tempo que era pendurado na páxina da SGEA. Durante os dous meses en que o sistema de recollida de adhesións estivo en funcionamento, máis de 1000 persoas e entidades amosaron o seu apoio e subscribiron o manifesto; consideramos que a campaña de difusión e recollida de adhesións foi un éxito.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental a FaceBookEnvia ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental a Twitter
Localizando_a_Tritonia26 de xaneiro, DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL. Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA). Dende o ano 2000 esta liña de actuación tense consolidado e arestora é unha das áreas prioritarias para ADEGA, con numerosos programas en diversos eidos e unha equipa de traballo adicada a deseñalos e realizalos. Porén, e como sinala a SGEA, hoxe a Educación Ambiental en Galiza está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre administracións... Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA propón afortalar, fronte á inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Proxecto Ríos apresenta o Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia O Proxecto Ríos apresenta o Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2010 a FaceBookEnvia O Proxecto Ríos apresenta o Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2010 a Twitter
debuxando.jpgCompostela, 14 de xaneiro de 2010. O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, vén de apresentar o Informe 2010 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recóllese o estado dos nosos ríos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos 299 grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, así como as actividades máis importantes realizadas durante o ano 2010. O Informe Anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacías a partir dos indicadores empregados polos participantes. Baixa un RESUMO (2.48 Mb) do informe ou o  INFORME COMPLETO 4.54Mb con todos os datos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 14


ADEGA