Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
Roteirríos 2013 polos canóns do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteirríos 2013 polos canóns do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) a FaceBookEnvia Roteirríos 2013 polos canóns do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) a Twitter
sil.jpgEsta fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo Roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á bacía do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello. Entre as actividades previstas está o sábado 10 un roteiro polo Canón do río Mao, dende Forcas até a Fábrica da Luz e o domingo 11 realizarnos un percurso circular polo Canón do Sil. O prezo da estancia é de 21€ e inclúe a cea do sábado, a durmida en liteiras e o almorzo do domingo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica do XVII curso de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do XVII curso de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos a FaceBookEnvia Crónica do XVII curso de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos a Twitter
img_0591.jpgO Proxecto Ríos vén de celebrar o XVII Curso de Formación para Coordenadores/as de Grupo na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, adicamos un espazo para coñecer iniciativas e actividades de voluntariado e educación ambiental nos cursos fluviais. Nesta edición contamos coa presenza de Pilar Monterrubio, do CENEAM, para expoñer interesantes propostas sobre educacación ambiental e voluntariado nos cursos fluviais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
"Carrapuchiña camiña soa": Exposición e foro sobre o camiño escolar en Carballo PDF Imprimir Correo-e
Envia "Carrapuchiña camiña soa": Exposición e foro sobre o camiño escolar en Carballo a FaceBookEnvia "Carrapuchiña camiña soa": Exposición e foro sobre o camiño escolar en Carballo a Twitter

carrapuchiñaVenres 26 de abril, 17h, FORUM CARBALLO. A exposición "Carrapuchiña camiña soa. A reintrodución da infancia na cidade", reflexiona sobre as dificultades de nenos e nenas na súa relación co medio urbano, centrando a atención en aspectos urbanísticos, de mobilidade, culturais e educativos. Asemade, achégase á importancia do camiño escolar como espazo de ensaio da autonomía infantil e de millora das cidades, propoñendo iniciativas e divulgando experiencias para facer das rúas un espazo máis seguro e amáble para a infancia. Como complemento da exposición “Carrapuchiña camiña soa”, o Concello de Carballo en colaboración con ADEGA e o CENEAM organiza un foro público de debate para coñecer experiencias que se están a desenvolver noutras vilas tanto galegas como estatais e nas que a cidadanía, nais e pais, poderán clarexar conceitos e expoñer as súas dúbidas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Oficina do Medio Ambiente da UDC e ADEGA organizan a III Primavera Ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia A Oficina do Medio Ambiente da UDC e ADEGA organizan a III Primavera Ambiental a FaceBookEnvia A Oficina do Medio Ambiente da UDC e ADEGA organizan a III Primavera Ambiental a Twitter

primaveraambiental139 de abril de 2013. A Oficina de medio ambiente (OMA) da UDC e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizamos un ano máis o ciclo de conferencias e obradoiros Primavera Ambiental, co obxectivo de achegar á comunidade universitaria diversas problemáticas, propostas e vías de participación na solución das mesmas. A duración do ciclo será desde o 10 de abril até o 7 de xuño. En oito actividades diferenciadas, abordaremos temáticas tan diversas como os residuos, a agroecoloxía, a biodiversidade, a enerxía, o consumo responsable... Ademais dunha compoñente teórica para a que convidamos a persoas expertas, todas elas inclúen aspectos prácticos e traballos aplicados ao campus e aos centros universitarios. Polo seu contido eminentemente práctico, todas elas están abertas á participación como voluntariado ambiental.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Voluntariado ambiental para a construción dunha charca PDF Imprimir Correo-e
Envia Voluntariado ambiental para a construción dunha charca a FaceBookEnvia Voluntariado ambiental para a construción dunha charca a Twitter

cartazcharc.jpg8 de abril de 2013. O novo proxecto de ADEGA CHARCAS CON VIDA convoca a primeira xornada de voluntariado ambiental que se celebrará este sábado 13 de abril. O lugar escollido para a construción da charca didáctica será a Eira da Xoana (Ramil, Agolada), onde ADEGA posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus obxectivos achegar a cidadanía galega ao medio rural. Durante a xornada construiremos unha charca didáctica e traballaremos sobre o seu manexo e propiedades para que fique como un recurso máis da oferta educativa da Eira da Xoana.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 14


ADEGA