Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
Móllate polos humidais. Móllate polas lagoas de Xuño e Muro PDF Imprimir Correo-e
Envia Móllate polos humidais. Móllate polas lagoas de Xuño e Muro a FaceBookEnvia Móllate polos humidais. Móllate polas lagoas de Xuño e Muro a Twitter
Mollate-humidais2 de febreiro, DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS. A Fundación Biodiversidad e o CEHUM veñen de seleccionar unha actuación proposta polo Proxecto Ríos-ADEGA no marco da iniciativa “MÓLLATE POLOS HUMIDAIS”. Estas actuacións realizaranse con motivo da celebración no 2011 do 40 cabodano da Convención Ramsar e do Ano Europeo do Voluntariado; desenvolvendo no estado cinco actuacións simultáneas o día 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, unha delas en Galiza. Proxecto Ríos-ADEGA ten previsto desenvolver nesas datas diversas actuacións encamiñadas a mellorar o estado ecolóxico de dous humidais protexidos; nomeadamente nas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña). Baixa a MEMORIA das actuacións (257 Kb).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Colabora para facermos un Nadal 2010 máis verde e bio-diverso PDF Imprimir Correo-e
Envia Colabora para facermos un Nadal 2010 máis verde e bio-diverso a FaceBookEnvia Colabora para facermos un Nadal 2010 máis verde e bio-diverso a Twitter
CortacivroCompostela, Nadal de 2010. O 2010 foi o ano da biodiversidade e da crise económica e ambiental. Dende hai algún anos, ADEGA desenvolve nestas datas campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas”, “Carta das raíñas magas” ou "Por un Nadal máis ecolóxico" foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención do consumo no Nadal. Animamos á cidadanía neste 2010 a afrontar as festas e o vindeiro ano con espírito ecoloxista. Malia á crise, as previsións de consumo nestas datas non son moi diferentes ás de outros anos. Mais o realmente certo é que o ecosistema Terra si está en crise dende hai tempo. Non podemos sacrificar o ambiente en prol dun progreso consumista e espoliador. Outra maneira de vivir é precisa se queremos conservar a riqueza común que é a biodiversidade. Eis algúns consellos para que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso patrimonio natural.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Proxecto Ríos de ADEGA premiado polo xornal de pesca deportiva Trueiro PDF Imprimir Correo-e
Envia O Proxecto Ríos de ADEGA premiado polo xornal de pesca deportiva Trueiro a FaceBookEnvia O Proxecto Ríos de ADEGA premiado polo xornal de pesca deportiva Trueiro a Twitter
trueiro.jpg3 de decembro de 2010. O xornal de pesca deportiva “Trueiro” ven de entregar os seus premios 2010 para destacar o labor realizado ao longo do ano por persoas e institucións a prol dos ríos do noso país. Nesta III edición o premio “Liña tensa" foi para o Proxecto Ríos de ADEGA "polo seu denodado esforzo en prol da calidade das augas dos cursos continentais e por ese corpo de voluntarios que pon de manifesto a calidade das augas dos nosos ríos". Este premio foi entregado este 3 de decembro nunha cea de confraternización no asador o Pementeiro en Padrón, e foi recollido por Virginia Rodríguez, como coordenadora do Proxecto Ríos e presidenta de ADEGA, en representación dos voluntarios e voluntarias, xa que este é un premio compartillado con eles. Grazas a todos e a todas!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Ciclo de conferenzas Conversa-Ríos en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Envia Ciclo de conferenzas Conversa-Ríos en Compostela a FaceBookEnvia Ciclo de conferenzas Conversa-Ríos en Compostela a Twitter
Durante este mes de novembro (días 4, 10, 18 e 24), está tendo lugar o ciclo de conferenzas Conversa-Ríos, na sé de ADEGA-Proxecto Ríos en Compostela. Son charlas que trataran temáticas relacionadas coa conservación e mellora dos ecosistemas fluviais e/ou sobre aspectos relacionados coas actividades a desenvolver dentro das iniciativas do Proxecto Ríos. Estes cursos están destinados fundamentalmente aos grupos de voluntarios/as que participan no Proxecto Ríos aínda que están abertos ao público en xeral. Este xoves tivo lugar a primeira palestra encol da xeoloxía dos ríos a cargo de Xoán Ramón Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía da UDC. Consulta a programación dos vindeiros cursos. Baixa o ciclo conferencias.pdf CARTAZ (253 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Proxecto Ríos de ADEGA participa no IV seminario estatal do Voluntariado en Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia O Proxecto Ríos de ADEGA participa no IV seminario estatal do Voluntariado en Ríos a FaceBookEnvia O Proxecto Ríos de ADEGA participa no IV seminario estatal do Voluntariado en Ríos a Twitter
acacia.jpgO Proxecto Ríos participará co relatorio "Experiencias de custodia fluvial en augas continentais, coordenadas polo Proxecto Ríos", no IV Seminario Permanente “VOLUNTARIADO PARA LA CONSERVACIÓN DE LA BIODIVERSIDAD” que vaise celebrar  en Valsaín (Segovia) os días 20, 21 e 22 de outubro Estes seminarios teñen como obxectivo potenciar a colaboración e a coordenación entre o voluntariado relacionado coa conservación da biodiversidade para así establecer liñas de actuación entre diferentes colectivos. Tamén preténdese crear un espazo de encontro para o intercambio de experiencias e información que posibilite a colaboración entre diferentes proxectos de voluntariado do estado.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 14


ADEGA