Roteirríos 2011 por terras d'O Bierzo (inclúe Big Jump) |
9 e 10 de xullo. O programa de itinerarios que dende o Proxecto Ríos "Roteirríos" está adicado este ano á restauración fluvial. Para esta segunda saída desprazarémonos até a comarca d'O Bierzo. Alí visitaremos o proxecto de restauración que o CIUDEN (Fundación Ciudad de la Energía) está a facer no pobo de Tremor e coñeceremos o Centro CIUDEN Vivero que esta mesma entidade adica ao cultivo de prantas para repoboar as canteiras recuperadas. O domingo realizaremos un roteiro no Val do Seo e celebraremos o Big Jump 2011, iniciativa global en defensa dos ríos dándonos un baño... ou mollando os pes.
O Proxecto Ríos organiza esta actividade e coordenará as rutas do sábado e do domingo, cubrindo o seguro de responsabilidade e a cea de confraternización do sábado. O resto dos gastos (desprazamentos, aloxamento e xantar) correrán a cargo dos e das participantes. PROGAMA Venres: Aínda que as actividades programadas non comezan até o sábado a mañá, aquelas persoas que o desexen poderán ir xa o venres para non ter que facer un desprazamento tan longo o sábado.
Cearemos e pernoctaremos no Camping Val do Seo (http://www.campingvalledoseo.com) É preciso inscribirse para coordenar o aloxamento e a cea. No camping existe a posibilidade de instalar tenda ou de reservar habitacións (a día 28 de maio quedan 8 prazas dispoñibles no albergue). Quen o desexe tamén poder buscar alternativas fora do camping.
Sábado: Domingo: Pódese consultar o proxecto recuperación de entulleiras en O Bierzo nun artigo de Luis A. del Riego Celada na última Cerna de ADEGA, páxinas 34 e 35. |