ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Eco-ideas ADEGA: Como facer engrudo ou pegamento natural

#EuFicoNaCasaConADEGA 
Neste vídeo ensinámosche como facer un pegamento caseiro, natural e moi económico: o engrudo ou pasta de fariña. Será idóneo para pegar papel ou cartón, facer manualidades ou traballar con papel maché. Descarga tamén a ficha coa receita que acompañamos co vídeo!

Eventos Ver máis

Palestra: Biodiversidade e Covid-19, unha oportunidade perdida?

O biólogo e naturalista Cosme Damián Romay Cousido analizará o impacto da COVID-19 na biodiversidade, e se a crise sanitaria influíu dalgún xeito na concepción dunha correcta xestión da diversidade biolóxica. A súa palestra será emitida en directo por Youtube e na páxina web de ADEGA, desde as 18:30 horas, o vindeiro venres, 5 de xuño, Día do Medio Ambiente.

Mesa Redonda: É hora da biodiversidade, da enerxía renovable e da soberanía alimentaria

Intervirán: o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, quen abordará cales son os desafíos presentes e futuros no eido da conservación da biodiversidade; Jessica Rey, da Asociación Salvemos a Comarca de Ordes, sobre o modelo de implantación da enerxía renovable en Galiza; e Sonia Paderne, de Amarelante, quen disertará sobre os cambios que son necesarios no ámbito da produción e do consumo de alimentos, na procura da soberanía alimentaria. Será o Día do Medio Ambiente, venres 5 de xuño, ás 20:15 horas.

#HoraDaNaturezaADEGA, CEIP Cabada Vázquez, da Estrada

O CEIP Cabada Vázquez da Estrada participa na #HoraDaNatureza de ADEGA e envíanos este fermoso vídeo. É hora de que o amor que os nenos e nenas teñen pola Natureza se nos contaxie un pouco! Grazas, amig@s!

Documental Ver máis

Paraíso roubado - Trailer 1

Este é o primeiro tráiler do filme documental "PARAÍSO ROUBADO". Este documental aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia galega neste auténtico paraíso, e a chegada da Celulosa nos anos 60 do século XX, que supuxo a destrución da riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa, que veu perder o seu futuro como consecuencia do desarrollismo franquista. Pero tamén é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que se enfrontaron á represión armada na defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos, unha loita que non pode caer no esquecemento. É a crónica dun paraíso perdido,…. dun PARAÍSO ROUBADO!

10 Anos de Proxecto Ríos 1/2

Primeira parte do Vídeo documental conmemorativo dos 10 anos de Proxecto Ríos en Galiza, da man da organización galega decana do ecoloxismo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Proxecto Ríos é o programa de voluntariado ambiental en ríos de referencia no país.

10 anos de Proxecto Ríos 2/2

Segunda parte do vídeo documental conmemorativo dos 10 anos de Proxecto Ríos en Galiza, da man da organización galega decana do ecoloxismo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Proxecto Ríos é o programa de voluntariado ambiental en ríos de referencia no país.

Vídeo-Denuncia Ver máis

Asina polas Covas de Vale (Baralla)

As Covas de Vale, situadas no concello lucense de Baralla, están ameazadas por un proxecto mineiro aprobado en 2007 pola Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galiza, en conivencia co goberno local. Malia a estar inventariadas no catálogo de bens patrimoniais de Galiza, a tramitación do proxecto mineiro segue o seu curso e, por tanto, as covas tamén seguen en perigo. Asina esta petición de Change.org para que a Administración poña en valor estas covas e garanta a súa conservación das mesmas e da súa contorna natural.

Marcha ENCE 2018

Titoriais Ver máis

Compostaxe caseira (capítulo 4): Comprobar o resultado

#EuFicoNaCasaConADEGA
A este momento é ao que quere chegar todo bo compostador ou compostadora! A ver o resultado! Neste vídeo verás que sinxelo é
comprobar se o teu compost está maduro e listo para utilizar como abono. Ademais atoparemos, de seguro, as miñocas amigas!

Compostaxe caseira (capítulo 5): Reflexión final

#EuFicoNaCasaConADEGA
No capítulo final desta serie sobre compostaxe caseira facemos unha reflexión final e animámosvos a promover esta forma de xestionar os residuos
orgánicos do fogar, que é a máis ecolóxica.

Eco-ideas ADEGA: Os xogos do lixo - Carreira de tartarugas

#EuFicoNaCasaConADEGA
O lixo pode ser divertido se o transformamos nun xoguete. ADEGA amósache algúns xogos que podes crear cos refugallos e que son divertimento
de crianzas e maiores, ademais de ser obxectos que inspiran a creatividade. Neste primeiro capítulo, mostrámosche como elaborar o xogo das carreiras de tartarugas.  Tamén atoparás as indicacións paso a paso na seguinte ficha de ADEGA: https://bit.ly/35aKEzS

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal