ADEGA apoia a manifestación convocada por ALIENTE para o sábado, 16 de outubro en Madrid, baixo o lema "Renovables Si, pero non Así". ADEGA
pula pola preservación das montañas e o principio dos 3's da Enerxía: Soberana, Social e Sustentábel. Intervén Adela Figueroa, membro da Directiva de ADEGA.
Non ao Plano Forestal do PP- Concentración 23F
Máis de 50 colectivos, entre eles ADEGA, convócate a unha Concentración diante do Parlamento Galego o vindeiro 23 de Febreiro, día no que se
aprobará o novo Plan Forestal do PP. Un plan que aspira a aumentar aínda máis a superficie de eucalipto de aquí a 2040, que deixa o monte galego sen futuro, relegado á produción de madeira de baixa calidade, á mercede dos lumes forestais, sen biodiversidade e vulnerable fronte o cambio climático. Reclamamos outro Plan Forestal que procure un monte con futuro!
I Manifestación dixital
Contra os parques eólicos abusivos en Galiza e a prol dunha transición xusta, a moratoria aos novos parques eólicos e un novo plan eólico
que preserve a biodiversidade, a augas, a paisaxe e a xente no rural.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal