ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Eventos

Fai a túa achega antes do 1 de novembro. Ti podes paralos!

#tipodesparalos
Colabora coa túa achega solidaria para poder reunir o aval necesario requirido polo TSXG para facer efectiva a paralización cautelar dos proxectos
eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural de Greenalia, nos concellos de Santa Comba, Coristanco, Carballo e Tordoia. Reto: reunir 20.000 euros antes do 1 de novembro!! Contamos contigo! Ti podes paralos!

Palestra. Xustiza enerxética. Transición enerxética e novos colonialismos

A compañeira de ADEGA Lugo, Lucía A. Anido, participou na palestra de organizada por Juventud Saharaui xunto a Ecologia Politica Palermo para abordar os retos e posibilidades de organización social ante para dar resposta ao desafío da transición enerxética.

Manifestación 5X Día do Medio Ambiente 2022: Temos alternativa!

5X Día do Medio Ambiente 2022: Galiza enche de novo o Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica “Temos Alternativa! Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía para o pobo! #eolicaasinon

Rolda de prensa. Manifestación 5X. Temos alternativa

Rolda de prensa da Coordinadora "Eólica Así Non" na que se convoca unha gran marcha para reivindicar que outros modelos enerxéticos son posibles e reclamar a paralización da actual vaga eólica.
#DíaMedioAmbiente, #TemosAlternativa, #EólicaAsíNon, #EnerxíaXustaeSustentábel, #enerxíaporeparaopobo

Charla de Carlos Taibo sobre Decrecemento e Colapso (UNED Lugo)

Conferencia de Carlos Taibo nas Xornadas Acción Terra. Parte II. Decrescimento e colapso. Coa colaboración da UNED de Lugo.

RP Convocatoria Mobilización 23 Marzo Eólica Así Non

Rolda de prensa da Coordinadora "Eólica Así Non", conformada por máis de 175 entidades e colectivos de toda Galiza, entre eles ADEGA, na que se convoca unha concentración diante do Parlamento de Galiza e da Valedora do Pobo, para denunciar o recorte de dereitos democráticos, promovido polo goberno da Xunta, para facilitar a autorización de proxectos eólicos e favorecer ás eléctricas.

Na defensa das montañas fronte a invasión eólica. Coordinadora Galega Eólica Así Non.

Máis de 5000 persoas mobilizáronse o Día Mundial das Montañas en Galiza para defendelas da invasión eólica colonial, inxusta e antiecolóxica que actualmente promoven as multinacionais da enerxía coa connivencia das administracións galega e estatal. Únete ao movemento da coordinadora galega "Eólica Así Non"! #EólicaAsíNon

Depuración ecolóxica de augas residuais | Verónica Torrijos

Verónica Torrijos, técnica da Oficina de Medio Ambiente da UDC, expón as alternativas ecolóxicas coas que podemos resolver cuestións de vertido acordes á normativa para a conservación dos ecosistemas acuáticos, dentro das xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña. #ríoslimpos, #educaciónambiental

Bosque de ribeira e servizos ecosistémicos: tamén en Coruña? | María J. Servia

Os bosques de ribeira son elementos vertebradores da paisaxe, cun notable interese cultural e recreativo, así como unha importancia biolóxica moi grande. Así o explicou María J. Servia, Doutora en Bioloxía e docente e investigadora no Departamento de Bioloxía da Universidade da Coruña, nas xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

O papel do voluntariado nas limpezas de río | Paco Bañobre

Paco Bañobre, Coordinador de Proxecto Ríos e Educador ambiental de ADEGA dende o 2006, falou sobre o papel do voluntariado nas limpezas de ríos e a gran necesidade de formar á cidadanía sobre a súa correcta preservación, no marco das xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña. #ríoslimpos, #educaciónambiental

Contaminación nos ríos | Manuel Soto

Manuel Soto, Catedrático de Enxeñaría Química e director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, fala sobre os diferentes tipos de contaminación das augas, o impacto dos vertidos e a situación e evolución nos ríos galegos dentro das xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas”, organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

RP Convocatoria mobilización Eólica Así Non 11D

Rolda de prensa da Coordinadora "Eólica Así Non", conformada por máis de 170 entidades galegas, na que se convoca a sociedade a unha gran mobilización o Día Mundial das Montañas, 11D, baixo o lema "Na defensa das montañas, Eólica Así Non".

Rolda de prensa Manifestación contra a invasión eólica de Galiza, no vindeiro Día do Medio Ambiente

Máis de 20 colectivos, co apoio doutros tantos, convocan a toda a sociedade galega a manifestarse o Día do Medio Ambiente, o vindeiro 5 de xuño de 2021, contra a invasión eólica que está a sufrir Galiza, baixo o lema "Eólica, Así Non". Vémonos o 5 de xuño ás 12 horas, na Alameda de Santiago de Compostela!

Mesa redonda con colectivos de afectadas/os por proxectos eólicos

ADEGA dedica a seguinte mesa redonda do Ciclo de palestras sobre "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza" aos colectivos e plataformas de afectados/as que están a xurdir en Galiza para intentar parar esta enxurrada de parques eólicos.

A sociedade galega está a reaxir na defensa do territorio. Cada vez son máis os particulares e as comunidades veciñais ou locais que alzan a súa voz en contra deste modelo de implantación eólica. Con este propósito, naceron nos últimos meses numerosos colectivos, redes e plataformas de afectados/as que tamén estarán representadas neste Ciclo a través de:
- Carlos Penedo, Rede Galega por Un Rural Vivo.
- Alexandre Cendón, Asemblea do Suído.
- Araceli Macías, Rural Mutante.
- Ariadna Fernández, veciña afectada polos eólicos de Lalín.
- Modera: Belén Rodríguez, ADEGA.

Mesa redonda: Impactos dos proxectos eólicos sobre a Biodiversidade

ADEGA promove o Ciclo de mesas redondas sobre "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza". A través destas mesas de debate e reflexión pretendemos analizar desde diferentes puntos de vista os impactos que poderían carrexar ao noso territorio a invasión eólica que estamos a sofrer e que carece dunha planificación axeitada. O vindeiro mércoers, 12 de maio, ás 19:30 horas acode á segunda cita do ciclo destinada a analizar os impactos sobre a Biodiversidade. 
Participarán neste encontro:
- Óscar Rivas, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).
- Roberto Hermida, Morcegos de Galicia.
- Óscar Chao, Proxecto Rebinxe.
- Emilio de la Calzada, Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica.
Modera: Lucía Anido, ADEGA.

Charla na UNED: Ecoloxía na cidade: 1. O lixo.

Mesa redonda na que participa ADEGA para abordar a problemática da xeración e xestión do lixo nas cidades, concretamente na cidade de Lugo e solucións como as desenvoltas na cidade de Vitoria-Gasteiz e a vila de Allariz.

Mesa redonda: Impactos dos proxectos eólicos sobre o Patrimonio.

O 5 de maio, ADEGA dará comezo ao Ciclo de mesas redondas sobre "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza", e que se celebrarán todos os mércores ata o 2 de xuño incluído. A través destas mesas de debate e reflexión pretendemos analizar desde diferentes puntos de vista os impactos que poderían carrexar para o noso territorio a enxurrada desordenada de proxectos eólicos que estamos a sofrer e que carece dunha planificación axeitada para afrontar o reto da descarbonización sen ter que sacrificar o noso patrimonio cultural e natural, a biodiversidade, e a socioeconomía das zonas afectadas. 

Na mesa redonda dedicada aos impactos sobre o Patrimonio, intervirán: • Xabier Moure, Patrimonio dos Ancares. • Aurora grandal, xeóloga da UDC. • Pilar Sánchez Monje, O Sorriso de Daniel. • Luis Leclere, Colectivo A Rula. 

Susbcríbete!

Mesa redonda: Que pasa no Monte do Gato?

Monte Gato: Un espazo natural amezado pola ofensiva dos parque eólicos. Acto en liña no marco da programación dos Roteiros de Primavera 2021. Interveñen Antón Malde (arqueólogo), Fernando Bandín (naturalista, Fragas do Mandeo), Aranza González (Comunidade de montes) e Adela Figueroa (ADEGA).

Ramsés Pérez, educador de ADEGA, no Foro

A segunda charla do foro 'A Educación, a análise', organizado por El Progreso coa colaboración da concellería de educación de Lugo, tivo como protagonista ao coordinador desde hai 20 anos dos proxectos e programas de educación medioambiental de ADEGA, Ramsés Pérez. A cita foi emitida en directo pola web de El Progreso o pasado 9 de abril de 2021.  Conducida pola xornalista Sabela Corbelle.

Mesa redonda: A cidade que nos propoñen

Poñendo punto final das xornadas "Que cidade queremos?", o xoves 18 de marzo contamos cos representantes políticos do goberno municipal de Lugo. Revisaremos os puntos máis candentes das anteriores mesas nas que abordamos os temas de mobilidade e desenvolvemento urbanístico. Tralas intervencións abrirase o debate ao público, recompilando as mensaxes do chat en directo. Lembra que a extensión das mensaxes é limitada, polo que deberás dividir a túa mensaxe se a extensión é superior á permitida. Anímate a participar!

Mesa redonda: Urbanismo e calidade de vida

Que cidade queremos? Continuamos na procura de respostas, nas xornadas de debate semanais organizadas por ADEGA Lugo. Esta semana baixo o título "Urbanismo e calidade de vida" contaremos na mesa redonda con Tareixa Táboas (arquitecta), Santiago Catalán (arquitecto), Xose Anxo Carreira (arquitecto) e como moderador Froilán Pallín secretario xeral de ADEGA. Tralas intervencións abrirase o debate ao público, recompilando as mensaxes do chat en directo do YouTube.

Mesa redonda: “Destruír para construir”

Segunda mesa redonda das xornadas organizadas por ADEGA "Que cidade queremos?", baixo o título "Destruír para construír". Intervirán nesta xornada Carmen Figueiras (arquitecta ), Iago Lestegás (arquitecto) Luis Latorre (presidente de Lugo Monumental) e modera: Rubén Vidal (ADEGA). Para participar no debate en directo, deixa as túas mensaxes no chat durante o desenvolvemento da mesa redonda.

Mesa Redonda: "Transportes e mobilidade: Unha cidade para as persoas"

Primeira mesa redonda das xornadas "Que cidade queremos?" centrada no transporte e mobilidade na cidade de Lugo. Intervirán nesta xornada Isabel Pardo de Vera (presidenta de ADIF), Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde de Pontevedra), Xose Carlos Fernández (Enx. Técn. Obras Públicas), Ana Montalbán (Rede Cidades que camiñan), e modera: Adela Figueroa (ADEGA).

Mesa Redonda: É hora de tocar a rebato polo territorio

ADEGA impulsa a mesa redonda "É hora de tocar a rebato polo territorio" na que interveñen: a presidenta da Fundación Eira da Xoana, Adela Figueroa, quen dará unha visión dos proxectos industriais que se están a promover en todo o País; Emilio Carral, coautor do libro "O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego" e Jessica Rey, da Asociación Salvemos a Comarca de Ordes, dentro da Rede Por un rural vivo, que falará da necesidade das organizacións veciñais contra proxectos abusivos.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal