ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Documental

En defensa do noso mar, solucións xa! Maniféstate!

Este vídeo creado polo colectivo audiovisual Lentes Diverxentes recolle unha manchea de motivos polos que cómpre volver saír á rúa este domingo 21 de xaneiro en Compostela, ante o desleixo das administracións na xestión da marea de pellets nas nosas costas. Contamos contigo!

O RURAL de GALICIA está en PERIGO ⚠️ | TOXÍO | #TiPodesParalos

As viaxeiras Nuria e Sergio, que forman o proxecto Toxío, percorren as xoias patrimoniais ameazadas polo polígono eólico Monte da Croa, proxectado na Costa da Morte. Toxío é unha das embaixadoras da campaña #TiPodesParalos contra a depredación eólica. Apóiaos! https://retotpp.heroes.help/campaigns/toxio

O Proxecto Ríos, dende dentro

As educadoras ambientais preséntannos neste vídeo o Proxecto Ríos, unha iniciativa que procura unir ríos e persoas. A acción foi desenvolvida no río Tea co alumnado do IES de Salvaterra de Miño.

Os xardíns descoñecidos da Costa da Morte. As microrreservas de flora de Fisterra.

O proxecto "Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte" permitiunos realizar accións de limpeza de praias e eliminación de especies de flora invasora en diferentes concellos da Costa da Morte co obxecto de conservar á vez que concienciar sobre o valor ambiental destas xoias litorais.

Proxecto Ríos. Saída no río Viñao, Boborás.

Vídeo resumo da saída de Proxecto Ríos ao río Viñao coa Sociedade de Pesca Deportiva "Río Viñao", o CEIP Xuvencos, o CEIP Eulogio Gómez Franqueira e os Montadores de mosca de Soutomaior. Vídeo de Xuve Producións.

O ecoloxismo na loita contra as especies invasoras

As especies exóticas invasoras son unha das principais ameazas ambientais na actualidade. Divulgar para dar a coñecer a problemática que supoñen estas especies, tanto para o medio como a saúde ou a economía, a través de talleres e actividades de voluntariado, é unha das liñas de traballo de moitas organizacións ecoloxistas.

Valados. Refuxios de biodiversidade.

Os muros de pedra, conforman a paisaxe histórica da Galiza, son elementos patrimoniais, que contribúen a crear hábitats e aumentar a diversidade biolóxica. Simbolizan a conexión natural coa natureza, porque a técnica construtiva depende fortemente da contorna, o tipo e a forma de pedra dispoñíbel. Os valados representan na paisaxe as formas de vida tradicionais, séculos de agricultura e gandería que constitúen unha reserva natural lineal. ADEGA-Lugo realizou unhas xornadas formativas teóricas e prácticas sobre valados e a súa reconstrución.

II Conferencia Xuvenil do Life Invasaqua. Allariz

Vídeo resumo das xornadas de encontro entre alumnado de Portugal e Galiza nno marco do proxecto europeo Life Invasaqua. O encontro serviu para intercambiar impresións sobre os traballos feitos nos centros de ensino de aproximación aos ríos e á problématica das especies invasoras. No tempo de lecer fixéronse actividades educativas de pesca eléctrica, identificación de macroinvertebrados e de flora da contorna.

Proxecto Ríos no CEIP A Lama

VídeoBlog dunha saída do Proxecto Ríos ao río Verdurgo (Pontevedra) co CEIP A Lama; outro xeito de coñecer o noso patrimonio natural e cultural.

Proxecto Rías Sostibles

No mes de agosto de 2020, a Asociación Ecoloxista ADEGA e o “Grupo de acción local do sector pesqueiro Seo Fisterra, Ría de Muros Noia, Costa sostible” embarcámonos no Proxecto Rías Sostibles para concienciar ao sector marisqueiro e pesqueiro da problemática do lixo mariño, así como introducir boas prácticas na actividade profesional. Nesta iniciativa, participaron as confrarías de O Pindo, Lira, Muros, Noia e Porto do Son.

Limpeza simultánea Móllate polos ríos 2021!

Vídeo resumo da XIV Limpeza Simultánea de Limpeza de Ríos, organizada polo Proxecto Ríos, de ADEGA, en setembro de 2021. Grazas ás voluntarias que participaron nesta edición conseguimos retirar máis de 14 toneladas de lixo dos cauces e das beiras dos nosos ríos.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal