Adega
INICIO Programas / Proxectos Grupo Verdiñ@s
Grupo Verdiñ@s PDF Imprimir Correo-e
Envia Grupo Verdiñ@s a FaceBookEnvia Grupo Verdiñ@s a Twitter

Grupo estábel de nenos e nenas de 5 a 12 anos que desenvolven periódicamente actividades de educación ambiental cos monitores/as de ADEGA

logo.jpg¿QUEN SOMOS?

Somos un grupo de nenas e nenos que facemos actividades de Educación Ambiental con educadores/as de ADEGA.

¿QUE ACTIVIDADES FACEMOS?

Roteiros: Saímos a camiñar por bosques, parques, beiras do río. . . descubrindo o noso entorno natural, e coñecendo a relación das persoas con el. Aprendemos a ver a natureza, e tamén a respectala e coidala.

Obradoiros: Aprendemos a reciclar, reutilizar e a reducir as cousas que usamos habitualmente como envases ou papel evitando que rematen no lixo.

Facemos papel reciclado, e logo empregámolo para facer cadernos, tarxetas, separadores...

Inventamos xoguetes, facemos adornos de Nadal...

As veces, danos por facer galletas, queixos, pan, iogur, marmeladas para aprender que todo o que comemos non ven sempre do supermercado.

Saídas de fin de semana: As veces, imos a algún pobo para coñecelo, aprendendo oficios tradicionais como o de facer cestos, queixos caseiros ou unha fornada de pan de verdade. Facemos actividades nas que participamos activamente nós e @s nos@s nais e pais, aproveitando para crear un espazo de convivencia e respecto entre nos e o noso entorno.

¿CANDO?

Normalmente as actividades son unha vez ao mes, os sábados pola mañá, en horario de once a dúas.

¿ONDE?

Habitualmente facemos as actividades en Compostela ou arredores, aproveitando lugares de interese natural, ou zonas propiamente urbanas, coñecendo os distintos ecosistemas que existen na cidade e no seu redor.

¿Como podo facerme soci@ de verdiñ@s?

Para ser VERDIÑ@ tes que ser familiar directo dun/ha s soci@ de ADEGA.

Ter entre 5 e 12 anos

· Hai que pagar tres euros por día de actividade, pero hai desconto para aquelas familias con varios irmáns ou irmás

1 nen@ paga tres € por actividade.

2 irmáns pagan entre os dous catro € por actividade.

3 irmáns pagan entre os tres cinco € por actividade.

4 irmáns pagan entre os catro seis € por actividade.

· Se hai gastos extraordinarios (aluguer de autobuses, aloxamento nas fins de semana, etc.) pagaranse aparte, unha vez aceptada a actividade polo grupo.

 

PARA contactar connosco:


  • Chamando aos teléfonos 981 570099 ou 645841500

  • Tamén podes pasar polo noso local en Praza Camilo Díaz Valiño, 15 – 2ºA, 15704 – Santiago de Compostela
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA