Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 28 - -
Páx. 4
As transnacionais interesadas no actual modelo de transporte, maiormente compañias petroleiras, automobilísticas e constructoras, atopan bos aliados no populismo local para sacar adiante aqueles proxectos que máis lucro lles dan.
Páx. 5
Que facer contra os arborecidas; Campo de Traballo nas Illas Cies; Onde quedará Xardín
Páx. 6
O proxecto de minicentral no río Sar, localizado ugas abaixo da depuradora de Santiago, despertou unha forte oposición.Eólica si, mais non así: o posicionamento do ecoloxismo, a favor das enerxias limpas e renovábeis, polo tanto a favor da enerxia eólica non implica que teñamos que calar ante os impactos de cada proxecto concreto.
Páx. 7-8
O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) fixo público un detalladísimo informe sobre o estado da costa na comarca do Salnés, centrado sobre todo no Espazo Protexido Úmia-Ogrove.
Páx. 9-10
Os resultados das eleicións municipais abriron sen dúbida novas espectativas á xestión do lixo no noso país. Consecuentes cos seus compromisos electorais, os gobernos de coalición BNG-PSOE das cinco cidades comezaran a estudar alternativas á SOGAMA que incluan a reciclaxe intensiva e a compostaxe ademais do abandono da incineración.
Páx. 12-13
Poderíase dicir que o castiñeiro é unha árbore que non precisa de presentación entre nós, pois tal é a sua significancia e integración na nosa cultura, paixase e identidade rural dende xa o tempo dos romanos. Persiste o debate sobre se foron eles os introductores da especie en Galicia pero non cabe dúbida que foron os entusiastas do seu cultivo ó longo das principales vías de comunicación do Imperio.