Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 10 - -
Páx. 2-3
Falar de Vavia de Suarna é falar dos encoros, pois a súa historia nos últimos 50 anos, atópase ligada aos mesmos que, sen chegar a construirse, xa provocaron o atraso e empobrecemento de toda unha ampla comarca, chea de vida e riqueza noutrora. Recentemente, o MOPTMA ven a autorizar o proxectado encoro de Suarna, ao que os veciños seguen manifestando a súa total oposición.
Páx. 4-5
O Plan de acción comunitaria contempla accións que agora mesmo non contemplan o verdadeiro problema do lixo: o contaxio de enfermidades como a hepatite ou o sida. A administración acerca da futura planta icineradora incumpre a lexislación ambiental, ademáis atoparemos posicións a favor e en contra de dito plan.
Páx. 6-7
Cerna reflictirá nesta sección a actividade dos diferentes grupos parlamentarios no que atinxe ás súas propostas de conservación e mellora do medio natural. En base á documentación aportada, realízase unha valoración crítica dos contidos de ditas propostas.
Páx. 8-10
A formación xeolóxica do chan galego, as terras máis antergas da Iberia, son as responsables da grande riqueza en fontes de augas mineiro-medicinais na Nosa Terra. Coñecidas desde sempre, foron utilizadas polos romanos, colleron pulo no século XIX para morrer pouco despois da Guerra Civil. Cambios estructurais de senso empresarial poden axudar a facelas retoñar adaptadas as esixencias da actualidade.
Páx. 11-14
Unha das fromacións vexetais máis características de Galicia xunto a carballeiras e piñeirais é, a matogueira, constituída por arbustos de talla media ou pequena, de follas pequenas eu por veces transformadas en espiñas que ocupa grandes superficies, por adaptarse perfectamente ao clima.