CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 9-11
As administracións públicas queren resolver os estragos producidos nos areais galegos polas borrascas do pasado inverno a golpe de recheo. Pero ignoran ou queren obviar os efectos negativos que estes deitados de area provocan nas nosas praias. Ao tempo, pasan por alto a relación que existe entre a presión urbanística do litoral e a intensidade dos danos provocados na costa polos temporais, conseguindo así desenfocar o problema de fondo.
CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 12-13
As características moleculares do plástico (fabricado a base de petróleo) fan que tarde entre 100 e 500 anos en descomporse. Por esta razón, algúns dos impactos ambientais que provoca son unha paisaxe nefasta e o impedimento da libre circulación da auga, provocando ás veces inundacións e, outra veces, enfermidades graves. Ademais o 80% do lixo mariño é plástico. E aínda por riba, está no teu prato! En efecto, xa se incorporou á cadea trófica a través doutros seres vivos que o inxeriron, e algúns morreron de paso. De feito, nos Emiratos Árabes a metade dos camelos e dromedarios falecen por comer plástico.
CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 14
Unha vez máis ADEGA participou no IV Seminario de Composta en Red, rede da cal é socia, para compartir experiencias de compostaxe caseira e comunitaria. O obxectivo deste foro é impulsar, fomentar e promocionar políticas para a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o importante papel que estas poden desempeñar na redución dos residuos orgánicos.
CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 15-17
Amarante Setem e a deseñadora María Almazán impulsan un movemento galego que loite pola moda sostible no país e por xeitos de produción e comercialización respectuosos co medio ambiente e coas persoas. O movemento denomínase "MOV3 Galicia viste consciente".
CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 18
O barrio de San Pedro de Santiago de Compostela conseguiu demostrar que unha romaría ou festa pode ser un éxito sen que todo quede saturado con vasos de plástico e lixo. Ademais de esixir das institucións públicas unha xestión ecolóxica do lixo, tamén a cidadanía pode ou podemos dar o primeiro paso para avanzar na prevención e camiñarmos cara o residuo cero. Aquí temos un exemplo.
CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 22-23
No mes de outubro rematou a substitución das luminarias do alumeado público do municipio de Carballo, que se converterá no primeiro de Galicia en implantar a iluminación con leds en todo o seu territorio. A día de hoxe son preto de 7.500 os puntos de luz nos que a empresa concesionaria do servizo público, UTE Ferroser-Ferrovial, cambiou as vellas lámpadas de vapor de sodio por leds, chegando ao 100 % no casco urbano. O novo alumeado supón un aforro enerxético do 80%, reduce a contaminación, aumenta a reprodución cromática e mellora a seguridade viaria.