Adega
INICIO Últimas novas A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA
A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA a FaceBookEnvia A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA a Twitter
17 de febreiro de 2012. O monstro de SOGAMA segue a desangrar as arcas públicas. Aos máis de 253 millóns de € gastados no último ano para manter o complexo de Cerceda en diversos contratos de servizos e subministros cuxa principal beneficiaria é Gas Natural-Fenosa e as súas filiais, únense agora outros 4,3 millóns +IVE para "servizos complementarios" no vertedoiro da Areosa. De novo a cara "B" de SOGAMA, convintemente agochada con contratos opacos negociados sen publicidade: desbaldimento de cartos públicos e gorentosos beneficios para o amigos. Quen dixo que a incineración non era un bo negocio?

Cada vez que a Xunta inviste cartos nos macrovertedoiros de SOGAMA demostra o que custa á sociedade galega o fracasado modelo que o PP teima en manter, baseado na incineración e sobre todo no vertido (a última opción da xerarquía de tratamento). Este novo dispendio de 4 millóns de € tirados directamente no vertedoiro da Areosa, únese aos 10 millóns xa gastados na ampliación de 2011. Estes gastos, escandalosos en época de crise e recortes de dereitos e servizos, supoñen seguir agrandando o buraco negro de SOGAMA e continuar especulando cos residuos, enriquecendo ás eléctricas e baleirando as arcas públicas.
Cando a anunciada incinedadora do sur está máis no aire que nunca debido á supresión das axudas ás renovábeis aprobada polo "governo amigo" do Sr. Rajoy (a incineración de RSUs considérase "valorización de biomasa"), feito que de paso pode dar a puntilla ao concurso eólico, a Xunta pisa o acelerador do gasto para seguir hipertrofiando SOGAMA e manter os escandalosos ingresos das empresas e contratas do grupo (SOGAMA: 51% Xunta, 49% Gas Natural-Fenosa).
Ao igual que os 253 millóns gastados pola Xunta en 2011, Feijóo e Hernández poden argumentar que están a facer un investimento "de futuro" para garantir a capacidade de "tramanento" de SOGAMA. Esta por ver se ese "futuro" pasa tamén polo consello de administración dunha multinacional enerxética como aconteceu con Aznar (Endesa) e González (Gas Natural-Fenosa).


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA