Primavera de 2010. Ao igual que en 2008 e 2009, ADEGA e o Proxecto Ríos convídanvos a participar no informe sobre a fenoloxía aplicada aos cursos fluviais. Parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son valiosos indicadores do clima, servindo para valorar a repercusión que a mudanza climática está a ter sobre as especies. Mediante saídas á natureza e cubrindo unha sinxela ficha pretendemos elaborar un mapa sobre a situación anual das árbores de ribeira. Esta actividade, concentrada no periodo do 5 ao 11 de abril, mostraranos unha “instantánea” da situación das especies seleccionadas ao longo do país, analisando o estado de floración no se atopan diferentes árbores e plantas. Baixa a Ficha Fenolóxica 2010 (248 KB)
|
Ler máis...
|
|
As xornadas terán lugar en Valsaín, no Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM, os días 24, 25 e 26 de marzo. Neste xa cuarto encontro de "Hogares Verdes"- Fogares Verdes, xuntarémonos todas as entidades e persoas que en diferentes territorios do estado estamos a desenvolver este programa. Somos xa máis de quince grupos os que traballamos polo uso eficiente dos recursos naturais e pola acción reflexiva ante algún dos reptos da sociedade actual: o cambio climático, os residuos ou o consumismo.
|
Ler máis...
|
INFORMACIÓN PARA PEDIR E INSTALAR UN DETECTOR QUE MIDA O GAS RADÓN DA TÚA VIVENDA
Dado o éxito que está a ter a campaña de reparto de detectores de gas radón en Galiza impulsada pola USC, na que colabora ADEGA, a continuación sinalamos algunha información que pode resultarvos útil se estades interesados/as en adquirir gratuitamente un medidor. Tede en conta que as localizacións as decide a USC, coordenadora do proxecto, e que xa hai cuadrículas con detectores instalados, polo que é posíbel que a vosa zona esté cuberta.
1. Os medidores de gas radon só se ceden gratuitamente para vivendas situadas en baixos, entrecháns ou primeiros andares. E ademais teñen que ser vivendas nas que se pernocte diariamente.
2. O medidor deberá permanecer colocado durante 6 meses nunha mesiña de noite dun mesmo dormitorio. Non se pode mudar de lugar.
3. Ao cabo dos seis meses, o participante deberá enviar por sobre prefranqueado (de balde) o detector ao laboratorio de Radón, xunto coa Ficha RADÓN (0,3 MB) correctamente cuberta (vai apegada).
4. O/A participante deberá comprometerse a seguir estritamente as Instrucións do DETECTOR (47 KB) para a correcta colocoación e uso do aparello, e cumprir co axeitado tempo de exposición.
5. Por último, para poder participar na campaña é preferible solicitar o medidor de gas radón antes da segunda semana de abril. Poderase facer a través dos seguintes emails:
-Para Lugo e provincia de Lugo:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
(coordinadora do estudo en Lugo). Tamén se pode retirar gratuitamente nas dependencias da delegación de ADEGA-Lugo, sita en Av. Fontiñas 180 Ent. (Lugo). Tamén podedes chamar ao 606978354 ou 982240299.
-Para as provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
(coordinador do estudo en Galiza). Tamén se pode chamar ao 981950095 ou 981955094.
En todos os casos, prégase indicar no mail: os seguintes datos: nome, localización da vivenda (piso, rúa, lugar, poboación, parroquia, vila, cidade...) e o motivo polo cal solicita o medidor.
ADEGA e a USC agradecemos a vosa colaboración. |
O Día Forestal Mundial ou DÍA DA ÁRBORE celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques. Nesta data, é xa tradicional realizar plantacións, como a que ADEGA-Alto Ulla organiza en Ramil (Agolada) ou ADEGA-Trasancos no Piñeiral de Cabanas. Porén, e aínda que a todos/as gostarianos contribuir plantando unha árbore, moitas veces non podemos por cuestión de tempo ou de espazo. Por iso, dende ADEGA propoñémosche 10 ideas para poñeres en prática e que redundan en beneficios para os bosques sen ter que sair ao monte a plantar un carballo ou un castiñero (que tamén).
|
Ler máis...
|
Este 5 de marzo tivo lugar en Rivas-Vaciamadrid a asemblea da "Red de Entidades Locales por el Compostaje Doméstico y Comunitario", COMPOSTA EN RED. Trátase dunha coordenadora de entidades locais de todo o estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria. Xurde para dar pulo e fomentar a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o seu importante papel na redución dos residuos orgánicos. Nos últimos anos proliferaron numerosas experiencias locais que están a contribuir á redución en orixe dos residuos orgánicos e xerar un compost de calidade que a cidadanía aproveita directamente.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>
|
Páxina 13 de 14 |