Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

ACTUALIDADE: Vinte ecoloxistas xuzgados por coaccións

CERNA Nº 20 - -

Páx. 6

Vinte membros da Plataforma pola Defensa do Miño compareceron ante o Xulgado do Penal de Lugo acusados de delitos de coaccións por paralizar no verán de 1995 as obras de movementos de terra ó carón do Miño, destinadas a ser privatizadas a favor dun Recinto Feiral que supoñía un atentado contra ó medio. O xuízo non se chegou a celebrar coa retirada dos cargos por parte do Ministerio Fiscal aínda que houbo una sanción monetaria.

ACTUALIDADE: Unha alternativa para o lixo da Coruña

Manuel Soto

CERNA Nº 20 - -

Páx. 7-8

A Comisión Cidadana pola Xestión Ecolóxica do Lixo de A Coruña presentou unha proposta básica para a elaboración dun Plano de Xestión do Lixo que consta de 6 Subprogramas: de Motivación, de Investigación, de Recollida Selectiva, de Tratamento, de Vertedeiro Controlado e de seguimento e mellora do plano.Inclúe ademáis o artigo "A canteira de caliza da Serra da Lastra".

En defensa da Terra

Cerna/Redacción

CERNA Nº 24-25 - -

Páx. 4

A manifestación do 7 de xuño contou cunha numerosa preséncia e apoio, tanto de membros de colectivos afectados por algún problema ambiental urxente como de persoas concienciadas polo problema xeral de degradación ambiental no noso pais e a nivel planetário.

O teu buzón

Cerna/Redacción

CERNA Nº 24-25 - -

Páx. 5

Minicentrais no Caurel e Tren de Retraso Diário (TRD)

As Turbeiras, um dos ecossistemas mais singulares da Galiza

Santiago Ortiz

CERNA Nº 24-25 - -

Páx. 6-7-8

As turbeiras son un tipo de ecosistema moi común na Galiza. Tamém se coñecen como humedais turfólios, sistemas higroturbosos ou, mais popularmente, como brañas - término este que tamém se utiliza para denominar outros tipos de humedais.

Primeiro, Segundo, Terceiro mundo: a que mundo pertencemos?

Luis Carlos Cachafeiro Chamosa

CERNA Nº 24-25 - -

Páx. 9

Esta pregunta parece innecesaria pois non debía haber dúbida de que estamos en Europa e polo tanto estamos no primeiro mundo. Esto faise evidente se ollamos para os parámetros estándar como PIB, número de teléfonos e tamém porcentaxe de individuos no umbral de pobreza, tipo de enfermidades, estamos moi lonxe dos países do tercero mundo. Polo tanto parece claro en cal dos mundo estamos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal