ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Os xardíns descoñecidos da Costa da Morte. As microrreservas de flora de Fisterra.

O proxecto "Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte" permitiunos realizar accións de limpeza de praias e eliminación de especies de flora invasora en diferentes concellos da Costa da Morte co obxecto de conservar á vez que concienciar sobre o valor ambiental destas xoias litorais.

Eventos Ver máis

Manifestación 5X Día do Medio Ambiente 2022: Temos alternativa!

5X Día do Medio Ambiente 2022: Galiza enche de novo o Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica “Temos Alternativa! Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía para o pobo! #eolicaasinon

Rolda de prensa. Manifestación 5X. Temos alternativa

Rolda de prensa da Coordinadora "Eólica Así Non" na que se convoca unha gran marcha para reivindicar que outros modelos enerxéticos son posibles e reclamar a paralización da actual vaga eólica.
#DíaMedioAmbiente, #TemosAlternativa, #EólicaAsíNon, #EnerxíaXustaeSustentábel, #enerxíaporeparaopobo

Charla de Carlos Taibo sobre Decrecemento e Colapso (UNED Lugo)

Conferencia de Carlos Taibo nas Xornadas Acción Terra. Parte II. Decrescimento e colapso. Coa colaboración da UNED de Lugo.

Conversas co Ecoloxismo Ver máis

Palestra. Xustiza enerxética. Transición enerxética e novos colonialismos

A compañeira de ADEGA Lugo, Lucía A. Anido, participou na palestra de organizada por Juventud Saharaui xunto a Ecologia Politica Palermo para abordar os retos e posibilidades de organización social ante para dar resposta ao desafío da transición enerxética.

Entrevista a María Amigo, educadora de ADEGA, sobre a fauna mariña

Un equipo de alumnado de 1º de ESO do IES Rosalía de Castro entrevista para a sección de Medio Ambiente do periódico escolar SCQ+2021 á bióloga e activista de ADEGA para falar sobre os perigos que ameazan a fauna mariña.

Como axudará a Galiza o Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica?

Na última semana para poder achegar doazóns ao micromecenado "Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica", ADEGA entrevista ao coordinador desta iniciativa, Ernesto Díaz, para saber como este fondo común pode axudar a Galiza a enfrontarse aos macroproxectos eólicos que están en tramitación e poñen en risco a preservación dos valores ambientais, culturais e paisaxísticos do noso territorio. Máis información en: https://fdjcc.org/gl

Documental Ver máis

Proxecto Ríos. Saída no río Viñao, Boborás.

Vídeo resumo da saída de Proxecto Ríos ao río Viñao coa Sociedade de Pesca Deportiva "Río Viñao", o CEIP Xuvencos, o CEIP Eulogio Gómez Franqueira e os Montadores de mosca de Soutomaior. Vídeo de Xuve Producións.

O ecoloxismo na loita contra as especies invasoras

As especies exóticas invasoras son unha das principais ameazas ambientais na actualidade. Divulgar para dar a coñecer a problemática que supoñen estas especies, tanto para o medio como a saúde ou a economía, a través de talleres e actividades de voluntariado, é unha das liñas de traballo de moitas organizacións ecoloxistas.

Valados. Refuxios de biodiversidade.

Os muros de pedra, conforman a paisaxe histórica da Galiza, son elementos patrimoniais, que contribúen a crear hábitats e aumentar a diversidade biolóxica. Simbolizan a conexión natural coa natureza, porque a técnica construtiva depende fortemente da contorna, o tipo e a forma de pedra dispoñíbel. Os valados representan na paisaxe as formas de vida tradicionais, séculos de agricultura e gandería que constitúen unha reserva natural lineal. ADEGA-Lugo realizou unhas xornadas formativas teóricas e prácticas sobre valados e a súa reconstrución.

Vídeo-Denuncia Ver máis

ADEGA con ALIENTE: Renovables Si, pero Non así

ADEGA apoia a manifestación convocada por ALIENTE para o sábado, 16 de outubro en Madrid, baixo o lema "Renovables Si, pero non Así". ADEGA pula pola preservación das montañas e o principio dos 3's da Enerxía: Soberana, Social e Sustentábel. Intervén Adela Figueroa, membro da Directiva de ADEGA.

Non ao Plano Forestal do PP- Concentración 23F

Máis de 50 colectivos, entre eles ADEGA, convócate a unha Concentración diante do Parlamento Galego o vindeiro 23 de Febreiro, día no que se aprobará o novo Plan Forestal do PP. Un plan que aspira a aumentar aínda máis a superficie de eucalipto de aquí a 2040, que deixa o monte galego sen futuro, relegado á produción de madeira de baixa calidade, á mercede dos lumes forestais, sen biodiversidade e vulnerable fronte o cambio climático. Reclamamos outro Plan Forestal que procure un monte con futuro!

I Manifestación dixital

Contra os parques eólicos abusivos en Galiza e a prol dunha transición xusta, a moratoria aos novos parques eólicos e un novo plan eólico que preserve a biodiversidade, a augas, a paisaxe e a xente no rural.

#RedeGalegaporUnRuralVivo
#AldeasConHorizonte

Titoriais Ver máis

Roi Cuba, sobre o cambio climático e protección do medio ambiente nas xornadas do CES

O presidente de ADEGA, Roi Cuba Dorado, participou nas xornadas organizadas polo Consello Económico e Social de Galicia para abordar as vías para a protección de medio ambiente ante o cambio climático.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal