ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Eventos

Os impactos da macrocelulosa de Altri na Ulloa | Charla informativa en Santiso

Charla informativa sobre os impactos da macrocelulosa que proxecta a empresa portuguesa Altri en Palas de Rei. En colaboración coa Plataforma Ulloa Viva. href="https://www.youtube.com/hashtag/altrinon" target="">#AltriNON #FóraCelulosas #ecoloxismo #ADEGA

Xornadas Nostián con Futuro

A plataforma de reciclaxe Nostián con Futuro da que fai parte ADEGA desenvolveu o xoves, 21 de marzo, a súa segunda charla no marco das xornadas Nostián con Futuro, que analizan o estado actual da planta de reciclaxe da Coruña e a xestión doutras plantas semellantes. Desta vez tomaron a palabra Mercedes Casanova (Consorcio As Mariñas) e Álex Piñol (Entidad Metropolitana de Barcelona).

Manifestación En defensa do mar en Compostela | 21 Xaneiro 2024

Este pasado sábado, Galiza saíu manifestarse en defensa do mar e contra a xestión da crise dos pellets por parte das administracións. Velaquí un pequeno resumo do que vivimos milleiros de persoas unidas por uns mares sen plástico nas rúas de Compostela. NUNCA MÁIS!

#pellets #endefensadomar #ecoloxismo #CernaTV

Xestión de Residuos | Manuel Soto | Hostalaría Compostelá Sostible

Manuel Soto Castiñeira, catedrático de Enxeñería Química na Universidade da Coruña, vogal de residuos de ADEGA e director da Revista Cerna, realiza unha rigorosa exposición sobre a xestión de residuos en Galiza, contextualizada no desenvolvemento da actividade do sector hostaleiro.

Rolda de Prensa Día do Medio Ambiente 2023 | #TiPodesParalos

Rolda de Prensa celebrada no Día do Medio Ambiente (05/06/2023) na que ADEGA fixo unha valoración da sentenza de Campelo, a primeira contra a invasión eólica que evita danos sobre o medioambiente galego, e na que se explicou polo miúdo a nova campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos.

Mobilización RODEAMOS A XUNTA da Coordinadora Eólica Así Non

Conseguímolo! Rodeamos a Xunta! Eólica Así Non!
"Despois de cada noite sempre sae o sol...!"
#eolicaasinon #rodeamosaxunta #mobilizacion23A
#temosalternativa

Entrega de Premios Osíxeno e Dioxina 2022

A 47 Asemblea Xeral de ADEGA, que tivo lugar o 15 de abril do 2022 en Lugo, acolleu a entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina 2022, que desta volta recoñeceron o labor na loita ecoloxista da veciñanza afectada polos incendios do Courel, da mestra da montaña e activista Alicia López Pardo e do referente no movemento ecoloxista galego Pepe Salvadores.

A Rolda Leste levada a debate

Dentro da campaña "Salvemos o pulmón verde de Lugo" ADEGA organiza esta mesa na que participarán os diferentes representantes políticos municipais, para expoñer e dar a coñecer os argumentos a favor ou en contra do proxecto da rolda leste. Tras as súas exposicións abrirase a quenda de palabra ás asistentes. Participan nesta mesa Rubén Arroxo, representando ao BNG, Juan Vidal-Pardo representando a C's, Miguel Fernández como representante do PSOE, e Antonio Ameijide por parte do Partido Popular de Lugo. A xornada desenvolverase o martes 28 de marzo de 2023 ás 19h no Salón de actos da UNED, e é aberta a todo o público en xeral.

Mesa Redonda Salvemos o pulmón verde de Lugo

A Rolda Leste é unha autovía urbana proxectada sobre o val do Río Rato. A biodiversidade presente na zona está fortemente ameazada polo que sería un navallazo sobre o pulmón verde de Lugo. Nesta mesa redonda, organizada para as 19:00 horas do martes, 14 de marzo, abordan a problemática o biólogo Cosme Damián Romai Cousido, o presidente da SM Lucus, Julián Alonso, e o representante da Asoc. Morcegos de Galicia, Manuel Arzúa. Tamén participa Belén Feijóo, arquitecta e veciña de Bosende, un dos núcleos fortemente afectados.

A problemática do lixo mariño | Fins Eirexas

O xeólogo e secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, analiza a orixe e impactos do lixo mariño nos ecosistemas naturais e recursos pesqueiros, no marco da xornada “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas”, organizada por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

Miña nai limpa a praia dende a casa | Xandro García

O director de marabaixo.gal, Xandro García, analiza como tamén dende as propias casas podemos limpar os nosos mares, no marco das xornadas “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas”, organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

Lixo mariño e participación social | Itziar Díaz

A educadora ambiental de ADEGA, Itziar Díaz, pon en valor a formación do voluntariado fronte á gran desinformación sobre a procedencia do lixo que aparece nos areais, no marco das xornadas “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas”, organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

Unha década recollendo lixo | Atocha Ramos

A bióloga e investigadora Atocha Ramos explica o traballo desenvolvido polo GN Hábitat para o coidado dos ríos e mares no marco das xornadas “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas”, organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

Intervención de Adela Figueroa na Conferencia do 20 aniversario do Prestige en Bruxelas

O Parlamento Europeo acolleu, con motivo do 20 aniversario do Prestige, o panel informativo Vinte anos do accidente do Prestige: análise da seguridade marítima en Europa, no que participou Adela Figueroa con esta intervención.

Eólica Así Non. Mobilizacións na Defensa das Montañas 11D_2022

A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 colectivos e entidades galegas, volveu encher as rúas de 19 localidades galegas na Defensa das Montañas contra a invasión eólica, o pasado 11 de decembro de 2022. Aquí un resumo da xornada en imaxes! Coa música de Ricardo e Noa Seixo.

Fai a túa achega antes do 1 de novembro. Ti podes paralos!

#tipodesparalos
Colabora coa túa achega solidaria para poder reunir o aval necesario requirido polo TSXG para facer efectiva a paralización cautelar dos proxectos
eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural de Greenalia, nos concellos de Santa Comba, Coristanco, Carballo e Tordoia. Reto: reunir 20.000 euros antes do 1 de novembro!! Contamos contigo! Ti podes paralos!

Palestra. Xustiza enerxética. Transición enerxética e novos colonialismos

A compañeira de ADEGA Lugo, Lucía A. Anido, participou na palestra de organizada por Juventud Saharaui xunto a Ecologia Politica Palermo para abordar os retos e posibilidades de organización social ante para dar resposta ao desafío da transición enerxética.

Manifestación 5X Día do Medio Ambiente 2022: Temos alternativa!

5X Día do Medio Ambiente 2022: Galiza enche de novo o Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica “Temos Alternativa! Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía para o pobo! #eolicaasinon

Rolda de prensa. Manifestación 5X. Temos alternativa

Rolda de prensa da Coordinadora "Eólica Así Non" na que se convoca unha gran marcha para reivindicar que outros modelos enerxéticos son posibles e reclamar a paralización da actual vaga eólica.
#DíaMedioAmbiente, #TemosAlternativa, #EólicaAsíNon, #EnerxíaXustaeSustentábel, #enerxíaporeparaopobo

Charla de Carlos Taibo sobre Decrecemento e Colapso (UNED Lugo)

Conferencia de Carlos Taibo nas Xornadas Acción Terra. Parte II. Decrescimento e colapso. Coa colaboración da UNED de Lugo.

RP Convocatoria Mobilización 23 Marzo Eólica Así Non

Rolda de prensa da Coordinadora "Eólica Así Non", conformada por máis de 175 entidades e colectivos de toda Galiza, entre eles ADEGA, na que se convoca unha concentración diante do Parlamento de Galiza e da Valedora do Pobo, para denunciar o recorte de dereitos democráticos, promovido polo goberno da Xunta, para facilitar a autorización de proxectos eólicos e favorecer ás eléctricas.

Na defensa das montañas fronte a invasión eólica. Coordinadora Galega Eólica Así Non.

Máis de 5000 persoas mobilizáronse o Día Mundial das Montañas en Galiza para defendelas da invasión eólica colonial, inxusta e antiecolóxica que actualmente promoven as multinacionais da enerxía coa connivencia das administracións galega e estatal. Únete ao movemento da coordinadora galega "Eólica Así Non"! #EólicaAsíNon

Depuración ecolóxica de augas residuais | Verónica Torrijos

Verónica Torrijos, técnica da Oficina de Medio Ambiente da UDC, expón as alternativas ecolóxicas coas que podemos resolver cuestións de vertido acordes á normativa para a conservación dos ecosistemas acuáticos, dentro das xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña. #ríoslimpos, #educaciónambiental

Bosque de ribeira e servizos ecosistémicos: tamén en Coruña? | María J. Servia

Os bosques de ribeira son elementos vertebradores da paisaxe, cun notable interese cultural e recreativo, así como unha importancia biolóxica moi grande. Así o explicou María J. Servia, Doutora en Bioloxía e docente e investigadora no Departamento de Bioloxía da Universidade da Coruña, nas xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

O papel do voluntariado nas limpezas de río | Paco Bañobre

Paco Bañobre, Coordinador de Proxecto Ríos e Educador ambiental de ADEGA dende o 2006, falou sobre o papel do voluntariado nas limpezas de ríos e a gran necesidade de formar á cidadanía sobre a súa correcta preservación, no marco das xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña. #ríoslimpos, #educaciónambiental

Contaminación nos ríos | Manuel Soto

Manuel Soto, Catedrático de Enxeñaría Química e director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, fala sobre os diferentes tipos de contaminación das augas, o impacto dos vertidos e a situación e evolución nos ríos galegos dentro das xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas”, organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.

RP Convocatoria mobilización Eólica Así Non 11D

Rolda de prensa da Coordinadora "Eólica Así Non", conformada por máis de 170 entidades galegas, na que se convoca a sociedade a unha gran mobilización o Día Mundial das Montañas, 11D, baixo o lema "Na defensa das montañas, Eólica Así Non".

Rolda de prensa Manifestación contra a invasión eólica de Galiza, no vindeiro Día do Medio Ambiente

Máis de 20 colectivos, co apoio doutros tantos, convocan a toda a sociedade galega a manifestarse o Día do Medio Ambiente, o vindeiro 5 de xuño de 2021, contra a invasión eólica que está a sufrir Galiza, baixo o lema "Eólica, Así Non". Vémonos o 5 de xuño ás 12 horas, na Alameda de Santiago de Compostela!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal