Revista CERNA

Artigos de Conservación e biodiversidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

As catedrais ameazadas

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 14-15

Varios compañeiros/as de ADEGA están tamén encausados por denuncia da empresa, por intentar parar as obras de instalación da planta no LIC citado. En Outubro foron condenados polo xulgado de Mondoñedo ao pago dunha multa de case 1.000 euros por unha falta de coaccións e ao pago dunha indenización de até 12.630 euros. ADEGA recurriu a sentenza, ao tempo que novos feitos veñen arroupar ás teses ecoloxistas.

Rede Natura

Daniel López Vispo

CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas

Páx. 4

Para ADEGA a política de conservación debe pasar por manter a integridade dos Lugares de Interese Comunitario (LIC) e pola protección de todos os hábitats, especies de importancia comunitaria. Neste senso, analizamos a falta dunha xestión continuista da Rede Natura 2000. Concretamente a través dos casos da piscifactoría de Rinlo, a Serra do Suido e o viaducto na ría de Noia.

Bidueiral de Montederramo

Xan Carlos Fernández

CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas

Páx. 5

O espazo LIC "Bidueiral de Montederramo", localizado no Macizo Central ourensán, no concello de Montederramo, parroquia de Gabín, forma parte da Rede Natura 2000. Este lugar foi escollido pola sociedade mercantil TECSAGES S.L. para instalar unha explotación cinexética intensiva concibida como couto de caza pechado cun valado metálico e vixiado dende torres e cámaras.

Liñas propias de conservación

Xurxo Mouriño

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 19

Xurxo Mouriño, para quen a Rede Natura non ten porque ser a única fórmula de conservación na Galiza, participou no debate central da Asemblea de ADEGA, dedicado á valorar o futuro dos nosos espazos naturais. Velaquí un resumo da súa intervención.

Beneficios e custos sociais na conservación da Rede Natura 2000

Maria Xosé Vázquez Rodríguez

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 21-23

O obxectivo da investigación era proporcionar información ampla e relevante para a toma de decisións de xestión daqueles espazos de montaña ecolóxica e socialmente máis valiosos. Os resultados cuantitativos obtidos demostran que a conservación e mellora na calidade dos nosos montes non só é viábel economicamente senón que ademais é socialmente desexábel. Se algo temos de resaltar, é a necesidade, percibida por ambos colectivos -demanda e oferta (propietarios de montes e poboación metropolitana galega)-, dun cambio nas política de desenvolvemento rural que sexa capaz de satisfacer as novas necesidades das sociedades modernas. Neste novo contexto os espazos de montaña poden proporcionar oportunidades de desenvolvemento e mellora na calidade de vida para as persoas das urbes.

A invasión da ameixa asiática en Galiza

Noé Ferreira-Rodríguez

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Páx. 13-15

A ameixa asiática Corbicula fluminea (Müller, 1774) comezou a súa expansión mundial asociada ás actividades humanas a comezos do século XX. Para guiar estratexias de xestión preventivas, a identificación das vías de entrada e dos vectores de dispersión é un factor clave. En conxunto, variables sociais, económicas, ecolóxicas e de gobernación están relacionadas co número de masas de auga invadidas por C. fluminea en Galicia. Para tratar de frear esta e outras invasións biolóxicas, os gobernos aprobaron unha serie de instrumentos lexislativos; sen embargo, aínda teñen que ser aplicados de xeito eficaz.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal