Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 32 - -
Páx. 9-10
Para Galiza, a redución das emisións da chúvia ácida non é un problema técnico senon político, como pon de manifesto o comportamento desigual das empresas eléctricas: xa na década dos 90 Endesa reduciu as emisións nin 95% na súa central térmica de Andorra (en Teruel, queimando tamén lignito), mentres que na central térmica das Pontes só reduciu o 37%, o mínimo que esixía a CE. Así, no ano 2001, Galiza superará as emisións de SO2 de sete países da CE: Bélxica, Dinamarca, Grecia, Irlanda, Luxemburgo, Holanda e Portugal; e no 2010 superaremos as de nove países.
Páx. 12-13
O pasado mes de Marzo celebrouse en Vilagarcía de Arousa o Foro Aberto para un Futuro Natural e Productivo das Rías Galegas, que reuniu a máis de trescentas persoas dos máis diversos sectores, desde as universidades ata os sectores productivos ligados ás rías. No foro analizouse o contido do proxecto da futura "Lei de protección da calidade das augas das rías e ordenación do servicio público de depuración de augas residuais urbanas".
Páx. 14
Neste artigo, a autora fai un breve resumo da importancia da Resolución sobre a xestión intregrada do litoral na UE, aprobada pola Comisión europea o pasado febreiro. Fai fincapé en que para xestionar o litoral dunha forma sustentábel hai que ter en conta todas as actividades, integralas nos instrumentos de xestión, os plans e programas.
Páx. 15-17
A especial constitución xeolóxica da Ría de Ferrol fai que teña unha ampla variedade de hábitats. A parte máis exterior, e polo tanto a máis batida polo mar, está constituída por acantilados graníticos que se extenden polo fondo até profundidades de entre 15 e 30 m. Nesta zona podemos atopar un bosco de laminarias que alberga unha rica fauna.
Páx. 18
ADEGA-Trasancos analiza o impacto que suporá a planta de gas de Reganosa na Ría de Ferrol, tendo en conta o contexto socio-político actual.
Páx. 19-20
Artigo no que ADEGA fai unha serie de propostas para a eliminación dos MER. Tamén considera que o obxectivo debe ser a eliminación de riscos sanitarios, pero sen engadir novos riscos como os procedentes da incineración, que son tanto sanitarios como ambientais.