Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 66 - Espazos...

Inverno 2012

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Artigos da revista CERNA Nº 66

Recursos 66

Ramsés Pérez

Páx. 9

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Lumes: o peor ano dos espazos protexidos

Fins Eirexas

Páx. 10-11

Un incencio fortestal, independentemente da súa orixe, degrada valiosos solos que tardan milleiros de anos en formarse, perdéndose grande parte da súa fertilidade. Increméntase tamén o risco de erosión, favorecendo a escorrentía e diminuíndo a infiltración da auga, chave para o subministro de moitas poboacións. Nos primeiros 15 días do pasado mes de outubro, os lumes de Ourense arrasaron 10909 Ha só en 4 espazos protexidos da Rede Natura.

Territorio e urbanismo: o caso Barreiros

Belén Rodríguez

Páx. 12-13

Así se titularon as charlas que ADEGA e o Colexio de Arquitectos de Lugo organizaron o pasado mes de outubro na cidade das murallas para incitar o debate sobre a problemática urbanística de Barreiros. As charlas dividíronse en dúas sesións. A primeira estivo centrada no “Urbanismo e Arquitectura”, na que participaron o ex Director Xeral de Urbanismo, Ramón Lueje; o presidente do Colexio de Arquitectos en Lugo (COAG), Raúl Veiga, e o voceiro de ADEGA, Daniel López Vispo. A segunda mesa, titulada “Urbanismo e Dereito”, acolleu as análises xurídicas de Fernando de Abel Vilela e Alba Nogueira, ambos os dous profesores de Dereito na Universidade de Compostela, e de Xosé Luis Sanmiguel, secretario do COAG en Lugo.

Eira da Xoana: A república ecolóxica do Alto Ulla

Xosé Salvadores

Páx. 15

Un ano de actividades continuadas converteron as instalacións que ADEGA ten en Ramil, a chamada Eira da Xoana, nun centro de dinamización do Alto Ulla, pero entendedo que foi algo mais. Mais dun milleiro de visitas nun ano cunhas infraestructuras mínimas e situadas no mesmo corazón de Galiza requiriron dun esforzo prolongado, constante e moi entregado por parte dalgúns socios e socias que, co seu traballo voluntario, fixeron posíbel semellante travesía. Do que fixemos neste primeiro ano dá conta o balance de actos que promovemos ou nos que estivemos presentes.

O patrimonio cultural na mariña e mariñapatrimonio

Manuel Miranda

Páx. 16-17

Na mariña luguesa, como no resto das comarcas galegas, contamos cun importante e rico patrimonio cultural. Lamentabelmente observamos como día a día este patrimonio se vai destruíndo impunemente en toda Galiza e dunha maneira especialmente grave nas zonas costeiras. A praga dos paseos marítimos, o urbanismos salvaxe, infraestructuras, parques eólicos e a industria do eucalipto, coa conseguinte apertura de novas pistas nos montes e a utilización de maquinaria pesada para a tala e repoboación, son os principais responsábeis das constantes agresións que sofre o noso patrimonio natural, paisaxístico e cultural. Como consecuencia de todo isto, Galiza conta con numerosas asociacións cuxo obxectivo primordial é a protección deste vizoso patrimonio cultural, e unha delas é Mariñapatrimonio.

Custodia do territorio como ferramenta de conservación

Ramsés Pérez

Páx. 18-19

Galiza é unha paisaxe humanizada que as galegas e os galegos modelaron e xestionaron durante séculos. Porén, nos últimos anos, a xestión do territorio e nomeadamente dos espazos naturais protexidos foron deixadas case exclusivamente nas mans da Administración, cuns resultados moi discutíbeis. Neste artigo presentamos a custodia do territorio, un crecente movemento de conservación que de maneira participativa e desde a sociedade civil ofrece unha nova posibilidade de xestión e con grandes posibilidades.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal