Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 89 - Cabalos...

Primavera 2023

CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza

Artigos da revista CERNA Nº 89

Os cabalos salvaxes de Galicia: manter o manexo tradicional axuda á conservación

Jaime Fagúndez e Laura Lagos

Páx. 17-19

Os cabalos que viven nas serras de Galicia están sometidos a unha regulación natural polas duras condicións da vida no monte. A gran importancia ecolóxica deste animal radica na súa adaptación a este medio, e a conservación do sistema tradicional que lles permite vivir en liberdade debe manterse para garantir a conservación da biodiversidade. Unha maior intervención que condicione o seu comportamento, estrutura social e uso do espazo, pode ter consecuencias negativas para o medio natural e a sociedade.

O corvo mariño cristado no monumento natural Costa de Dexo

Álvaro Barros e Sergio París

Páx. 20-23

O corvo mariño cristado presenta na Costa de Dexo (Oleiros) un bo estado de conservación, cunha clara tendencia positiva. Na actualidade a poboación reprodutora está en torno ás 130 parellas, o que lle confire unha gran relevancia no conxunto do Atlántico ibérico. Este estado favorable de conservación probablemente é debido a unha menor incidencia de factores que afectaron ou aínda afectan as poboacións doutras zonas de Galiza: a contaminación por hidrocarburos derivados do petróleo, a depredación por especies invasoras e a mortalidade en artes de pesca. É preciso o compromiso de todas as administracións competentes para garantir a conservación desta poboación no futuro.

Os métodos de prevención non letais de ataques de lobo ao gando

Sabela Silvarrey-López, Joan Alibés-Biosca e Ruth Rodríguez-Bermúdez

Páx. 24-27

O lobo (Canis lupus) é o gran carnívoro con maior impacto social da Península Ibérica. Dentro deste territorio, existen 297 mandas da subespecie signatus, cuxa densidade de poboación se concentra principalmente no noroeste. Na nosa comunidade autónoma, segundo o censo realizado entre 2013 e 2015, atopamos 90 mandas reprodutoras distribuídas ao longo do 94% da rexión. O impacto do lobo sobre a gandería deixou no ano 2021 un total de 1.204 avisos de ataques con 2.050 animais afectados.

As especies alarma

Ramsés Pérez

Páx. 28

A-prender! Coñecementos que prenden na memoria: as especies alarma.

Un conto entre avoa e neta. Eólicos e patrimonio: máis alá da paisaxe

Aitor Freán Campo

Páx. 29

Compostar para mellorar

María Amigo Regueiro

Páx. 30-32

Os residuos levan sendo ao longo da historia unha problemática ambiental a nivel global. Isto tamén inclúe Galiza, territorio histórico rural que foi abandonando as prácticas de economía circular, de xeito que se volveu ineficiente na xestión do lixo. Se a metade dos residuos xerados nun fogar son biorresiduos e estes son compostados in situ,temos diante unha oportunidade de éxito asegurado; sempre que os proxectos conten con recursos materiais e humanos e coa imprescindible presenza da figura da mestra/e composteira/o. Este posto de traballo representa unha oportunidade de emprego local e de inclusión social dos colectivos máis vulnerables.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal