![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Loita contra o cambio climático: A Xunta, entre a inacción e a propaganda |
![]() |
![]() |
![]() |
Neste I Informe sobre o Cambio Climático en Galiza, amais de facer inventario dos datos de emisóns durante os últimos anos dos sectores regulados por Quioto (industrias) e dos difusos (transporte e domicilios), por certo con informacións maioritariamente achegadas polo Ministerio ás que calquera pode acceder na rede, chama a atencción algún sonado esquecemento. Por exemplo, a ausenza de datos de 2011, ano no que voltaron a aumentar as emisións en Galiza, fundamentalmente debido ás térmicas e ao transporte. Este esquecemento vén moi ben á Xunta para "vender" a redución nun 6,74% das emisións en 2010 con respeito a 1990 como se fora froito das súas políticas e non da crise. Aliás, a información sobre as emisións de GEIs (gases de efeito invernadoiro) de Galiza neste periodo preséntanse por sector e non desagregadas por complexo, como sí acontece coas asignacións. Deste xeito, podemos coñecer o límite máximo de GEIs que podía emitir cada industria, con nomes e apelidos, pero non verificar si o cumpríu ou non! Casualidade? E polo que atinxe ás actuacións, a terceira parte do "informe" debruza unha ristra de actuacións do máis variopinto levadas a cabo pola administración para supostamente combater o cambio climático, acompañadas do correspondente investimento (35,1 millóns de € en 2011). Deste xeito e sen ter planificado nada específicamente destinado a combater o cambio climático, xa que o documento marco -Plano de Acción- está paralisado pola Xunta, a administración "vende" unha serie de medidas heteroxéneas froito doutras planificacións (conservación, infraestruturas, administración...) que asegura "orientadas" a loitar contra o cambio climático. Analisando estas 84 "medidas" por un importe conxunto de 35,1 millóns de € e peneirando aquelas que non teñen relación directa coa loita contra o cambio climático, suprimindo os investimentos non executados, e deducindo aqueles cartos achegados pola UE, temos que o montante total adicado á loita contra o cambio climático pola Xunta son apenas 13 millóns de €, maioritariamente achegados polo INEGA para promover o aforro e a eficiencia a nível doméstico (placas solares, caldeiras de biomasa, illamento, plano "Renove" de electrodomésticos, etc). A conclusión: para a Xunta, a loita contra o cambio climático é responsabilidade da cidadanía. De actuar contra as emisións das térmicas, as responsábeis de que sigamos tento as taxas máis altas de emisión de gases por habitante de Europa... Nada. CERO euros. |