![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial |
![]() |
![]() |
![]() |
![]()
Corcoesto, O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta... son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia). E isto pode acontecer porque malia a que o estado español non foi formalmente rescatado, unha troika perversa integrada polo capitalismo, a especulación e a corrupción fomenta que grandes empresas transnacionais, coa cooperación necesaria e cómplice do PP, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais. Estes proxectos agresivos, cunha forte compoñente especulativa debido ao alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais, esquecen á poboación local e extírpana das súas terras para poder apropiarse da súas riquezas e da súa vida.
Porque GALIZA NON É UNHA MINA, FÓRA AS EXPLOTACIÓNS CONTAMINANTES E COLONIAIS ! Ligazóns: MANIFESTO MINARÍA ALIANZA RURAL GALEGA |