![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Adela Figueroa Panisse, nova presidenta de ADEGA |
Eleita na Asemblea Extraordinaria de novembro de 2005
![]() Sempre manifestou interese polos problemas do seu país participando, xa de estudante, na Asociación Cultural "O Galo" en Santiago, nos Movementos de Renovación Pedagóxica e nas Xornadas do Ensino, entre outros. Fixo parte da directiva da ASPG dende a sua fundación, sendo máis adiante secretaria. Directora da Revista do Ensino, da que foi cofundadora. Tamén foi cofundadora de ADEGA. Ten publicados traballos diversos acerca da súa profesión (Profesora de Bioloxía-Xeoloxía), libros de texto e materiais de Educación Ambiental. Cultivou tamén o ensaio en prensa, e a poesía (Vento de Amor ao Mar, Ed. do Castro, 2003). |