Ferrol 09.7.2011. Roteiro polos Muiños de Esmelle (Ferrol). A delegación de Ferrolterra organiza un roteiro que percorrerá o fermoso Val de Esmelle. Este roteiro está aberto a toda a cidadanía e será de caracter gratuito. O roteiro partirá ás 10 da mañá do local da asociacion de veciños Val de Esmelle, que colabora na organización. Este val é unha fermosa zona da nosa comarca de grande riqueza biolóxica. Está percorrido por 4 pequenos ríos nas beiras dos cales tiñan a súa actividade 22 muiños e múltiples fontes e lavadoiros. Todas estas antigas infraestruturas, en desuso hoxe en día forman un conxunto etnográfico de grande riqueza. A excursión será guiada e explicada por Alberto López (Grupo de Arqueoloxía de Terra de Trasancos) e Serxio Perille (secretario de Adega-Ferrol). Coordena a actividade Suso Oca e Serxio Perille. Contacto: 662428976 ,
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
. Ao final haberá comida de confraternización (cada persoa levará á súa comida). Información adicional da zona: http://www.valledeesmelle.com/ |
|
Ferrol 30.6.2011. Galería Sargadelos. 19.30. ADEGA presenta na comarca de Ferrol a campaña “PONTE NO MEDIO, MÓVETE POLO TERRITORIO”. Pretendese poñer freo aos proxectos especuladores co territorio galego e procurar unha alternativa sustentable de ordenación territorial a través dun movemento social de denuncia común. O manifesto que propón un decálogo de medidas concretas para a ordenación do territorio, foi asinado inicialmente por mulitude de personalidades destacadas do mundo das artes, das letras e das ciencias de Galiza.https://pontenomedio.wordpress.com/ |
27 de xuño de 2011. A desvergoña de ENDESA non ten límites: quere botar 50 anos de lamas tóxicas Eume abaixo! O proxecto de "Modernización de los desagües de fondo de la presa de Eume" (PDF 3,20 MB) é a "solución final" de ENDESA para despachar décadas de incumprimento dos caudais ecolóxicos o que provocou a seca de 3,4 km de río. Para eliminar os sedimentos (lamas ácidas con metais pesados da actividade mineira) acumulados no vaso do encoro a solución que propón ENDESA é... vertelos no Eume! ADEGA esixe da Xunta que obrigue á empresa a limpar o vaso do encoro retirando e depositando as lamas nun vertedoiro controlado para o seu tratamento, en troques de arrialas ao Eume. Asemade, e visto o reiterado incumprimento (50 anos) da lexislación ambiental, Hernández debería incoar un expediente para decretar a caducidade da concesión e obrigar a ENDESA a demoler o encoro en troques de querer lavarlle a cara á empresa.
|
Ler máis...
|
Domingo 19.6.2011. Mercadiño de Troco en Ferrol. Celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 11 e 14 hs. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (ADEGA, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Previsión de facer obradoiros de amaño de bicis, construcción forno solar,etc,etc. Información adicional: http://trocaferrol.org |
Ferrol 17.6.20111. Peirao de Curuxeiras 20 hs . Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado (nesta ocasión o "Castillo de Villalba) cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos..) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión no Peirao de Curuxeiras. Ferrol |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 19 de 35 |