Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes PDF Imprimir Correo-e
Envia Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes a FaceBookEnvia Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes a Twitter
27 de decembro de 2011. Diante das enchentes acontecidas na veciñanza da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, ADEGA denuncia que débense á nefasta xestión deste espazo por parte da administración con intervencións que nunca se deberon proxectar, autorizar, ou executar sen ter en conta a dinámica e a oscilación natural do humidal. Todo isto provocou unha acelerada degradación da lagoa convertida primeiro nunha chaira seca e logo, exposta á influencia directa do océano, nunha badía obturada que funciona coma un encoro. Diante disto, a Xunta incumpríu o compromiso asumido en 2010 a instancias do Parlamento Galego para a creación dun "plano de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”. Xogar a aprendiz de bruxo cos ecosistemas naturais trae estas consecuencias.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Adega denuncia incumprementos da Xunta có espazo protexido da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño PDF Imprimir Correo-e
Envia Adega denuncia incumprementos da Xunta có espazo protexido da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño a FaceBookEnvia Adega denuncia incumprementos da Xunta có espazo protexido da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño a Twitter

afrouxeiravaldovinhoValdoviño. 21.12.2011. Adega, ante a problemática das  inundacións nas zonas colindantes da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, denunciamos que  fixéronse actuacións que nunca se deberon autorizar, permitir, e menos aínda proxectar sen ter en conta a oscilación natural que se produce no humidal,a solución da cal non pode pasar por unha continua degradación da lagoa e tamén denunciamos o incumprimento por parte dos organismos competentes da Xunta  do compromiso de 2010  de “a creación dun plan de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica” tal como aprobou o propio Parlamento Galego. Valdovio.Lagoa_da_Frouxeira._Nota_de_prensa.2011.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
O humidal de Valdoviño: crónica dunha deconstrución planificada pola Xunta e o Ministerio PDF Imprimir Correo-e
Envia O humidal de Valdoviño: crónica dunha deconstrución planificada pola  Xunta e o Ministerio a FaceBookEnvia O humidal de Valdoviño: crónica dunha deconstrución planificada pola  Xunta e o Ministerio a Twitter
ramsarfrouxeira29 de decembro de 2011. A situación na que se atopa o humidal protexido de Valdoviño e os perxuízos que as enchentes están a causar á veciñanza, non son casuais. Nos últimos anos, alén das "intervencións" pouco afortunadas sobre o espazo, Xunta e MARM (Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño) perpetraron sen fundamentación técnica nen legal, a castración da superficie protexida inicialmente por Ramsar (740,70 Ha) até deixala nas actuais 485,23 Ha, isto é, reducírona máis dun 34%. Detrás desta verdadeira "deconstrución planificada" acontecida en pleno apoxeo da burbulla inmobiliaria, estaban intereses urbanísticos e político-especulativos (nun humidal protexido non se pode construir). ADEGA vai denunciar diante do organismo internacional RAMSAR os manexos da Xunta e do Ministerio e esixir a restitución da superficie orixinal do espazo. Daqueles espúreos manexos, veñen agora estas enchentes. Informe ADEGA Valdoviño para Ramsar (gal) 1 Mb

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Denuncia de depósitos de áridos con hidrocarburnos nas inmediacións cunca fluvial rio Baa (Fene) PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia de depósitos de áridos con hidrocarburnos nas inmediacións cunca fluvial rio Baa (Fene) a FaceBookEnvia Denuncia de depósitos de áridos con hidrocarburnos nas inmediacións cunca fluvial rio Baa (Fene) a Twitter

Aridos.Cabanas.2011Cabanas(A Coruña). 19.12.2011. Representantes da Plataforma de Defensa dos Camiños, AETNA, Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, Verdegaia, ADEGA e SGHN denuncimos a ubicación de depósitos de áridos potencialemente contaminantes na cunca fluvial do rio Baa. A ilegalidade da ubicación dos residuos nesta zona, conculca gravemente a Lei do Solo , entre outros puntos por:

  1. O recoñecemento destes materiais como residuos con, xa que non foron debidamente inertizados.
  2. A contaminación directa das fontes do río Baa.
  3. O cuestionamento das concentracións de sustancias tóxicas (con hidrocarburos policíclicos), nocivas ou perigosas  para o medio ambiente de áridos asfálticos

 

Información adicional: Aridos_contaminantes.Cabanas.2011.doc  bytes

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Mercadiño do Troco no Nadal .Ferrol. PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercadiño do Troco no Nadal .Ferrol. a FaceBookEnvia Mercadiño do Troco no Nadal .Ferrol. a Twitter

Mercadio_Troco_Ferrol.2010Ferrol 18.12.2011. Mercadiño de Troco en Ferrol. 11-14 hs Na Praza Vella de Ferrol. Última edición do ano de mercadiño de troco. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboramos diversos colectivos (Cooperativa Xoaninha , SGHN,, Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. Este mes coa proximidade do Nadal, mercadiño especial para trocas xoguetes ademáis dos trocos habituáis.  Información adicional:   http://artabra21.blogspot.com/2011/12/coincidindo-coa-feira-mensal-de-ferrol.html?showComment=1323964877314#c8669420345758874542 e http://trocaferrol.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 14 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA