Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
6 millóns de € para aparcadoiros, galpóns, farolas e xardíns nos hábitats prioritarios da Frouxeira PDF Imprimir Correo-e
Envia 6 millóns de € para aparcadoiros, galpóns, farolas e xardíns nos hábitats prioritarios da Frouxeira a FaceBookEnvia 6 millóns de € para aparcadoiros, galpóns, farolas e xardíns nos hábitats prioritarios da Frouxeira a Twitter
frouxeiracostasFerrolterra, 20 de setembro de 2011. ADEGA vén de apresentar alegacións (291 Kb) ao proxecto da Demarcación de Costas para "actuaciones en el entorno de la Frouxeira". Estas "actuacións", camufladas como unha rexeneración ambiental, perseguen a humanización definitiva dun dos ecosistemas costeiros de maior singularidade e diversidade de Galiza. A praia e lagoa da Frouxeira acolle 5 figuras de protección segundo a lexislación galega, estatal, europea e o tratado internacional RAMSAR. No entanto, a xestión deste fráxil espazo ten sido nefasta tanto por parte do estado (construción de aparcadoiros, paseos marítimos, xardíns, pistas, gabias...) como da Xunta (sangrado da lagoa, urbanizacións, atentados patrimoniais) producindo nos últimos anos unha importante redución de hábitats prioritarios e a desnaturalización da lagoa da Frouxeira, un dos 5 humidais de importancia internacional que temos no país. Este proxecto é máis do mesmo, coa agravante de desbaldir 6.291.442,95 € do erario público. Para as desfeitas, non hai recurtes: vaites coa austeridade!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Concentración-protesta entrada ilegal gaseiro na ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Concentración-protesta entrada ilegal gaseiro na ría de Ferrol a FaceBookEnvia Concentración-protesta entrada ilegal gaseiro na ría de Ferrol a Twitter

gasero.2009Ferrol ,xoves 15.9.2011. Peirado de Ferrol 20 hs . Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado (nesta ocasión o “LNG Borno”) cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Nesta ocasión "celebramos" a entrada nº 100 de gaseiro na ria de Ferrol. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión no peirao de Ferrol.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Foro Social Galego. Ferrol 23-25 setembro.2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia Foro Social Galego. Ferrol 23-25 setembro.2011 a FaceBookEnvia Foro Social Galego. Ferrol 23-25 setembro.2011 a Twitter

 foro_social_galegoFerrol 23-25 setembro.2011. "Foro Social de Ferrol Terra" A convocatoria deste proceso de encontro, reflexión e creación de espazos de colaboración, que vai ter lugar na comarca de Ferrol Terra, os próximos 23,24 e 25 de setembro, é froito do esforzo colectivo e de necesidade, mostrada por unha parte importante das organizacións sociais da comarca, de realizar unha posta en común das análises e alternativas para afrontar a realidade social, política, ecolóxica e económica. Unha posta en común que axude a criar espazos de entendemento e colaboración, tan necesarios nesta férrea ofensiva neoliberal, de perda de direitos e liberdades, e de deturpación democrática.  Inscripcion gratuita. Información adicional, http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Mercadiño troco Ferrol. 18.9.2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercadiño troco Ferrol. 18.9.2011 a FaceBookEnvia Mercadiño troco Ferrol. 18.9.2011 a Twitter

trueque_debuxo.2010Ferrol 18.9.2011. Mercadiño de Troco en Ferrol. Convocada na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional:   http://trocaferrol.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA solicita a Costas a retirada do proxecto actuacións na lagoa da Frouxeira PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita a Costas a retirada do proxecto actuacións na lagoa da Frouxeira a FaceBookEnvia ADEGA solicita a Costas a retirada do proxecto actuacións na lagoa da Frouxeira a Twitter

valdovio__lago.2009_1Valdoviño, 29 de agosto de 2011. ADEGA pide a retirada do conxunto de actuacións previstas na contorna da Lagoa da Frouxeira (Valdoviño) por parte de Demarcación de Costas por ser un proxecto lesivo cos obxectivos de conservación dun dos ecosistemas litorais de maior singularidade e diversidade de Galiza. A Frouxeira ten cinco figuras de protección de espazos naturais segundo a lexislación galega, estatal europea e internacional. Alén dos paseos marítimos, aparcadoiros e zonas axardinadas previstas poñerase en perigo a conservación de hábitats prioritarios. Engadido ao anterior as actuacións de "humanización" teñen un orzamento de seis de millóns de euros, un gasto inútil e pouco acorde coa cacarexada austeridade no gasto público. Información adicional: Nota de prensa Valdoviño-Frouxeira

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA