![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Globalicemos a loita: fóra os transxénicos dos pratos e dos campos! |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() ![]() O estado español e Portugal son o sumidoiro xenético de Europa. En España, seméntase comercialmente millo transxénico (fundamentalmente o MON 810 e as súas variedades) de xeito que o pasado ano foron máis de 70.000 Has as cultivadas con OXM. Pola súa banda, en Portugal están en cultivo 4.000 Ha de millo transxénico, sobre todo do Douro para abaixo, e o estado portugués aprobou no 2005 unha Lei de Coexistenza que na prática, abre a porta ao cultivo masivo de OXMs.
En Euskadi, son numerosas as explotacións, concellos e mesmo o governo basco que subscribiron declaracións territoriais de "zona libre de transxénicos".
![]() Para ADEGA, membro da recén criada Plataforma Galega Anti-transxénicos, resulta fundamental aprender destas experiencias para desenvolver con eficacia un traballo de información-denuncia-mobilización cara a declarar Galiza territorio libre de transxénicos, mesmo através dunha ILP.
Concordamos en solicitar unha moratoria estatal, xa que debe ser o governo español quen active a cláusula de salvagarda para cada variedade (comenzando polo MON 810), mais non é menos importante aproveitar as competencias lexislativas dos territorios para irlles "segando" o apoio xurídico aos transxénicos dende os concellos e sobre todo dende as comunidades con competencias plenas, quer Galiza, Euskadi e Catalunya.
As campañas de información e sensibilización funcionan millor a nível local, contando coas asociacións de produtores/as e consumidores/as que, centradas na realidade máis inmediata, son a base para lexitimar as propostas que trasladaremos ás distintas administracións.
![]() Polo que respeita ao plano estatal, subscribiremos a petición urxente ao governo español para que declare, tal como fixo recentemente o francés, unha moratoria para o cultivo destes organismos comenzando polo millo MON 810 e os seus derivados, activando a cláusula de salvagarda que prevé a lexislación europea. No entanto, algúns colectivos territoriais conseguimos tamén que entre as resolucións tomadas, se incluiran referenzas explícitas ao apoio das iniciativas territoriais como estratexia para irlles pechando todas as portas aos cultivos e aos produtos transxénicos na península.
< |