![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() A NECESIDADE DA REDE NATURA 2000 A conservación da enorme biodiversidade de hábitats e especies do planeta é moito máis que unha necesidade emocional e estética da especie humana: só dende esa enorme biodiversidade foi posíbel a evolución da vida e só dende a súa conservación é posíbel afrontar o futuro da vida e de nós mesmos no planeta Terra; nela, ademáis, temos nós, -a especie humana-, un máis que imprescendíbel recurso para o mantenemento e millora da nosa calidade de vida. Desta consciencia e sensibilidade é que nace, baixo impulso directo da Unión Europea, a Rede Europea de Espacios Naturais NATURA 2000, impoñéndolles aos Estados membros, a través da Direc-tiva Hábitats (1.992), a necesidade de protexer e conservar de forma máis especial a todos aqueles hábitats e especies en perigo de desaparición (prioritarios). A ESPECULACIÓN DO GOVERNO FRAGA SOBRE A REDE NATURA: A primeira proposta de Galiza para a Rede Natura é aínda do ano 1.999 (sete anos despóis da Directiva) e, ben a pesar das disposicións da Directiva Europea, durante os sucesivos governos de Fraga apenas se tén servido para outra cousa que para especular coa súa protección limitando usos aos pro-pietarios para convertilos en oferta de solo barato para todo tipo de instalacións (canteiras, parques eólicos, minicentrais, etc.) que, -xa sexa no Xistral, no Courel ou nas Catedrais, no interior ou na costa-, sempre se xustifican en base a unhas declaracións de impacto ambiental realizadas por encargo. E así, mentras noutras comunidades autónomas os espacios da Rede Natura non só foron efectivamente protexidos, senón que se teñen convertido nun recurso máis da dinamización social e económica da povoación rural, en Galiza a desprotección tén sido total até o punto de chegar, -Decembro do 2004-, a modificar a Lei de ordenación urbana e de protección do meio rural do 2002 para facer aínda máis doada a ocupación dos espacios protexidos por todo tipo de instalacións. Despóis dos parques eólicos de O XISTRAL, sobre un hábitat prioritario único en Europa, -as tur-beiras de cobertor, só presentes aquí e nas costas nórdicas-; despóis dos parques eólicos do Candán ou do Faro; despóis das canteiras do COUREL, etc, etc, o PLAN SECTORIAL DE PARQUES DE TECNOLOXÍA ALIMENTARIA da COSTA GALEGA, afectando a nove espacios da REDE NATURA, apro-bado no Consello da Xunta do 30 de Xuño, -por un governo en funcións e despóis de pouco máis dun mes de tramitación-, é o último exempro dun governo de FRAGA sen escrúpulos para, a pesar da súa interinade, ofertar e reservar solo barato para os seus amigos do chamado cluster de acuicultura. CABO VILANO, RINLO, TOURIÑÁN,... OS PRIMEIROS PASOS DO PLAN SECTORIAL DE PARQUES DE TECNOLOXÍA ALIMENTARIA CONTRA A NOSA REDE NATURA DO LITORAL Despóis do visto en Cabo Vilano, o caso de RINLO (Ribadeo) é hoxe o máis actual e tamén máis escandaloso. UNHA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL Á MEDIDA: non importa que a Directiva diga que nunha zona que albergue hábitats prioritarios só se poderán alegar razóns de seguridade e saúde pública ou razóns imperiosas de interese público de primeira orde que, en todo caso, hai que demostrar, a realidade é que sobre unha parcela de 42.000 m2 en pleno LIC con hábitats prioritarios, sen ter, -ademáis-, estudado o impacto dos vertidos sobre o banco de percebes colindante e sen sique-ra mencionar o impacto que pode derivarse de retirar do mar de 15.000 a 20.000 crías de polbo que non van a poder reproducirse, o impacto desta instalación, por razóns só imputábeis ao nome do pro-motor, queda reducido a 427 m2 facilmente recuperábeis con só entregar unha memoria de medidas compensatorias. UNHA LICENCIA MUNICIPAL DE OBRAS TOTALMENTE ILEGAL: en base a esta declaración de impacto ambiental fraudulenta; a uns infomes municipais que nen siqueran mencionan que se trata dun espacio protexido e cun proxecto sectorial teóricamente aprobado no último Consello da Xunta do Sr. Fraga (28/07/05), o concello de Ribadeo otorga unha licencia de obras sen agardar a que a Conse-llería de Pesca lle conceda nen o permiso de explotación nen a autorización para ocupación do dominio público e da zona de protección. Unha licencia, pois, totalmente ilegal e coa que o promotor inicia as obras a mediados de Agosto. UNHAS OBRAS DELICTIVAS: sen ningunha autorización da Consellería de Pesca, cunha licencia mu-nicipal ilegal, ACUINOR inicia as obras de preparación da parcela a mediados de Agosto coa consecuen-te destrucción duns hábitats protexidos e en perigo de desaparición: para o Código Penal, un claro exempro de delito ecolóxico. UNHA CORRUPCIÓN MANIFESTA: O Sr. Alvárez-Cascos inicia a tramitación deste proxecto en Maio do 2004 ubicándoo sobre unhas parcelas procedentes da concentración parcelaria de Vilaframil que eran, entón, propiedade da Consellería de Agricultura e que inexcusabelmente necesitaba. ¿De que for-ma sabía o Sr. Alvárez Cascos en Maio do 2004 cando presenta no Concello de Ribadeo a solicitude de licencia que a Xunta de Galiza lle ía vender esas dúas parcelas por adxudicación directa, sen sometelas ao trámite normal de venda en pública subasta? ¿E como podía saber que a Consellería de Meio Ambiente non ía tampouco a exercer o dereito de retracto que a Lei de Conservación da Natureza lle otorga sobre a venda de calquer parcela pertenecente a espacios naturais protexidos?. ¿Acaso é xusto, -consideracións ambientais aparte-, que se poda vender a 1 €/m2 un solo que vai a ser urbanizado cun edificio administrativo de dúas plantas de 1600 m2 cada unha e que, no resto, vai ser ocupado por unha instalación industrial para engorde de polbo e rodaballo?. ¿Que siñifica esa carta do Sr. Alvárez Cascos a un tal querido Martin? E aínda máis: ¿de que forma podía saber o Sr. Alvárez-Cascos en Maio do 2004 que, por riba do que dispoñen as Directivas Europeas, ía contar cunha declaración de impacto ambiental á medida e que, ademáis, ía a ser modificada (en Decembro do 2004) a Lei de ordenación urbana e de protección do meio rural do 2002 para facilitar a autorización de instalacións de acuicultura en solo rústico de protección de espacios naturais? UNHA INXUSTIZA INACEPTÁBEL: se a Lei ha de ser igual para todos, non resulta doado de enten-der que alí onde o propietario do solo ou calquer veciño de Rinlo ou Ribadeo non puido levantar a súa casa, o seu chalet ou o seu negocio por tratarse dun solo de espacios protexidos, poda logo D. Ramón ocupar unha parcela de 42.000 m2 cunha instalación industrial para engorde de polbo e rodaballo e unha edificación de dúas plantas. Dende calquer punto de vista declarar a protección dun espacio para provocar a súa venda a baixo precio e, a continuación, -logo da súa oportuna recalificación a través do tamén oportuno proxecto sectorial-, permitir a súa urbanización para unha instalación industrial, -de acuicultura ou de calquer outro tipo-, tiña que ser, ademáis de manifesta inxustiza, un delito moi clara-mente tipificado. UNHA INDIGNIDADE SOCIAL: esta mesma granxa de cultivos mariños para engorde de polbo e rodaballo foi presentada xa antes nos concellos asturianos de Valdés (en Setembro do 2002 e Febreiro do 2003) e no de Castropol (en Setembro do 2003). Ben seguro que, ao igual que en Ribadeo, ningún destes dous concellos anda sobrado de postos de traballo e, a pesar disto, en ambos os dous foi rexeitada, -xa dende a mesma instancia municipal-, por afectar a espacios protexidos. ¿E, entón, acaso que os nosos espacios da Rede Natura son de menos valor que os asturianos? E A XUSTIZA?: Non debera de ser, dende logo, papel da administración de Xustiza sair en defensa duns hábitats prioritarios que a Administración non se manifesta disposta a protexer. Pero como insti-tución encargada de facer que a Lei se aplique a todos e todas por igual, non podemos menos que la-mentar a súa falta de sensibilidade e preocupación polo meio ambiente. ¿Como explicar, se non, que se poda dar máis valor á declaración e aos informes duns biólogos pagados pola empresa e que, sen escrúpulos de ningún tipo, se desdicen do que previamente deixaran escrito no Estudo de Impacto Ambiental e nos informes ambientais do Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, que aos informes do SEPRONA, da mesma Consellería de Meio Ambiente ou dos investigadores da Universida-de?. ¿Como explicar que non haxa paralización cautelar para unhas obras que a mesma Administración declara que carecen de autorización para a ocupación do dominio público e da súa zona de protección?. AS RESPONSABILIDADES: A primeira é, dende logo, da anterior Consellería de Meio Ambiente ao formular unha declaración de impacto ambiental favorable, en contra do que dispón a Directiva Hábi-tats. A segunda tena o Concello de Ribadeo ao dar unha licencia de obras sen agardar polas demáis autorizacións da Xunta de Galiza e, sobre todo, por, -en lugar de rectificar-, reincidir na defensa a ul-tranza da empresa e dunha ubicación cando caben en Ribadeo e no mesmo Rinlo moitas outras ubica-cións fora da Rede Natura. O. Sr. Alcalde terá, en todo caso, que explicar que tipo de negocio o une a ACUINOR para presionar con tanto interese ás Consellerías de Pesca e Meio Ambiente. Igual responsa-bilidade tén a actual Consellería de Meio Ambiente por negarse a aplicar a lexislación de protección destes espacios da Rede Natura, excusándose na herencia do governo anterior. Argumentos técnicos e medios xurídicos non lle faltan para elo: exercer o dereito de retracto sobre as parcelas vendidas pode ser un deles, se é que hai vontade política de non claudicar fronte as presións do Sr. Alcalde e aos intereses nada altruistas de D. Ramón Alvárez-Cascos. |