CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 38-39
No monte comunal dos veciños da parroquia de Nebra, no Barbanza, ASOPORCEL (Asociación de Criadores de Porco Celta de Galicia) está a desenvolver un proxecto pioneiro para o futuro do silvopastoreo do monte galego, onde se xunta o modelo tradicional de aproveitamento do monte con animais, coas máis modernas tecnoloxías, impulsando a agrobiotecnoloxía. Trátase dun método de silvopastoreo con 50 exemplares de porco celta que se manexan polo sistema de reflexo condicionado de Pavlov.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 31
O pasado 9 de maio tivo lugar en Lugo o II Congreso Europeo das Terras comunitarias, continuador do fito histórico que supuxo a primeira edición en setembro de 2011, en Vila Real. No actual escenario de crise e desconfianza, ADEGA participou neste encontro instando a acción común entre ecoloxismo e áreas comunitarias. Nestes eventos, os nosos montes veciñais compartiron palestra cos baldíos portugueses, cos crofts escoceses e cos montes comúns italianos; todos eles fixeron visible a importancia das áreas comunitarias como oportunidade e alternativa ante un mundo rural en descomposición.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 32-33
O Proxecto Soutos lévase a cabo desde o ano 2010 pola empresa Alibós Galicia S.L., en convenio coa Deputación de Lugo, para a promoción e desenvolvemento sostible dos soutos de castiñeiros e a comercialización da castaña, valorización ambiental, sociale económica dos recursos propios do medio rural. Prevé a rehabilitación de 25 hectáreas de soutos e 200 Ha de novas plantacións nas que incorpora a recollida mecanizada.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 36-37
Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra. O sobreiral Zarra da Pena forma parte deste Lugar de Interese Comunitario e sobre el botaremos una ollada para coñecer algúns dos seus usos que definiron boa parte do seu estado actual.
Páx. 34-38
Os efectos do cambio climático abondan para xustificar cambios estruturais no eido forestal. Este artigo versará sobre dúas iniciativas lexislativas promovidas polo goberno bipartito no eido rural que se constituíron no primeiro chanzo doutros cambios futuros. Un deles, a Lei de incendios, coa súa valorización e coa súa relación cos asentamentos rurais. O outro, a Lei do Banco de Terras, ten que ver con poñer en valor todo o potencial agrario e gandeiro no noso país.
Páx. 39-40
De todos os recursos madeirábeis presentes no monte que son aproveitados comercialmente, preto do 85% corresponden ao piñeiro e ao eucalipto. Isto dá unha idea do enorme sesgo produtivo que existe nos nosos montes a favor das especies pirófitas de baixo valor engadido. Outro factor de distorsión que contribúe a afastar a xestión dos montes galegos da sustentabilidade é a estrutura de propiedade da terra: o 68% pertence a propietarios privados, o 30% son montes veciñais e tan só o 2% son de titularidade pública. ADEGA entende que para reverter a situación de altísima sinistralidade dos montes galegos é preciso atacar estas causas estruturais que favorecen a aparición dos lumes, paralelamente a unha nova ordenación do territorio que fixe a poboación no medio rural, e a promoción de modos de aproveitamento alternativos ao monocultivo de pirófitas.