CERNA Nº 94 - Voluntariado en defensa do monte
Páx. 37
O Consorcio das Mariñas encargou a ADEGA en 2024 un estudo de seguimento dos composteiros instalados nos seus concellos: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O proxecto consistiu en recadar datos obxectivos e ofrecer un apoio personalizado ás persoas usuarias, co obxectivo duplo de reducir a fracción orgánica que chega aos vertedoiros e crear unha cultura de sustentabilidade no ámbito doméstico.
CERNA Nº 93 - Xustiza para o Ulla e a ría de Arousa
Páx. 34-37
Xunto co anuncio da suba das taxas do lixo por SOGAMA que analizamos no número anterior de Cerna, no pasado outono de 2024 e primeiros meses do 2025 foron noticia outras dúas cuestións no eido da xestión dos residuos urbanos: a sanción da Unión Europea ao Estado español por non ter acadado o obxectivo de reciclaxe do 50% en 2020, e o baixo nivel de recollida separada en orixe das botellas de plástico dun só uso, que lonxe de acadar o 70% previsto na normativa, ficou no 41,3% en 2023. Son moitas as implicacións de todo isto para Galiza.
CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta
Páx. 43-44
Este artigo pon o acento nos obxectivos e obrigas das entidades locais, particularmente nas esixencias deaprobación de programas e ordenanzas de xestión de residuos municipal, elementos esenciais para avanzar caraao cumprimento dos obxectivos de prevención, reutilización e reciclado.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 30-32
Os residuos levan sendo ao longo da historia unha problemática ambiental a nivel global. Isto tamén inclúe Galiza, territorio histórico rural que foi abandonando as prácticas de economía circular, de xeito que se volveu ineficiente na xestión do lixo. Se a metade dos residuos xerados nun fogar son biorresiduos e estes son compostados in situ,temos diante unha oportunidade de éxito asegurado; sempre que os proxectos conten con recursos materiais e humanos e coa imprescindible presenza da figura da mestra/e composteira/o. Este posto de traballo representa unha oportunidade de emprego local e de inclusión social dos colectivos máis vulnerables.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 33-34
Botando unha ollada cara atrás podemos lembrar aquel 2016 no que en Allariz comezamos un ilusionante ecomplexo proxecto co obxectivo de pór en marcha un sistema de recollida separada e compostaxe da materiaorgánica. Hoxe podemos dicir que Concello, veciñanza e sector comercial fixemos importantes avances que napráctica supoñen que case teñamos acadado o obxectivo marcado pola Unión Europea para o 2020 dun 50% detaxa de recuperación. Ao mesmo tempo, isto fainos reflexionar sobre a dificultade de conseguir o 80% posible.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 35-37
A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha unha liña de plantas de agrocompostaxe, ademais de continuar o traballo en compostaxe domiciliaria e comunitaria iniciado xa en 2015. Outra novidade é que se está a impulsar a creación dun corpo provincial de control e vixilancia de residuos.