CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 27-28
O xacemento paleontolóxico de Eirós, actualmente dentro do perímetro dunha canteira en Triacastela, trátase da primeira urseira galega estudada dun xeito científico pola paleontóloga Aurora Grandal d’Anglade quen, na súa tese de doutoramento (1993), demostrou que o xacemento de urso das covas (Ursus spelaeus) máis occidental de Europa estaba situado en Galiza.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 29-30
A comarca da Coruña adoece de políticas de mobilidade sustentábeis. A plataforma pola mobilidade da Coruña chama a atención sobre este aspecto e a necesidade de impulsar outros modelos de desprazamento na bisbarra e na propia cidade, na cal circulan a diario unha media de 150.000 vehículos motorizados. Outros problemas que se observan son: saturación das vías, contaminación acústica e por emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2), problemas de saúde pola contaminación atmosférica, acaparación do espazo urbano polos vehículos en detrimento das persoas, grave afección ao medio ambiente, etc.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 31
Propoñemos ás persoas leitoras da revista Cerna unha viaxe ao Centro de Portugal, concretamente á capital do distrito da Beira Alta Interior. A cidade de Viseu foi de novo escollida pola Asociación para a Defensa dos Consumidores (DECO) portugueses como cidade con mellor calidade de vida polo seu planeamento e xestión municipal, a mobilidade e a calidade ambiental da cidade, entre outros valores.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 32-33
Tras a vaga de incendios de 2006, na que o lume arrasou co 100% dos montes de Viladesuso (Oia), os comuneiros e comuneiras deciden renovar o Plan de ordenación forestal, para evitar o brote desaforado das xestas e dos eucaliptos. Sen desprezar a produción forestal, abordáronse outras vías de explotación sostíbel do monte entre as que destaca a declaración das Sobreiras do Faro como Espazo Privado de Interese Natural (EPIN).
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 34-36
Galiza acolle un potencial eólico de 6.500 MW, o equivalente á produción de seis centrais nucleares. Porén, o rédito que as empresas eólicas deixan no país é moi baixo, non só o medioambiental, senón tamén o social. Desde hai dez, a asociación Ventonoso de propietarios de terreos eólicos está traballando para esixir que os beneficios que acadan as eléctricas á costa do noso vento e as nosas terras repercuta de xeito xusto na renda dos habitantes do rural. Xosé Antonio Diéguez é o presidente de Ventonoso.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 37-38
Garabullos é un espazo libre inmerso na natureza da Terra Chá para aprender coas emocións; un tempo pausado para desenvolver os nosos talentos; unha vida equilibrada; unha experiencia para compartir os nosos coñecementos e traballar coas nosas capacidades; unha aposta por ser felices... Baixo esta premisa, esta instalación, localizada na parroquia de Sistallo, en Cospeito (Lugo) acolle as actividades dinamizadas pola Asociación Revolta Natural, integrada por xentes que nalgún momento tiveron contacto co proxecto inicial de Garabullos, que abriu as súas portas como granxa-escola no ano 2008.