CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 15 - 17
As tartarugas e os mamíferos mariños cóntanse entre fauna mariña máis ameaza de supervivencia en todo o mundo. Todas as especies de tartarugas mariñas están en perigo de extinción a nivel mundial. A caza directa levou á extinción da balea basca nas augaseuropeas e ao borde da desaparición dos grandes cetáceos, tamén o impacto doutras actividades humanas manteñen nunha delicada situación a especies tan emblemáticas como os arroaces e as toniñas. Os labores de asistencia aos animais varados, de investigación e de educación ambiental, que puxo en marcha a CEMMA dende o ano 1990 en Galicia, naceron coa vocación de contribuír a conservación das especies.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 18 - 19
“A educación ambiental en Galiza segue estando de parálise”No ano 2000 comeza a andaina de SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental) por medio dun grupo de persoas que teñen na Educación Ambiental o seu ámbito de traballo, entre elas Lucía Iglesias da Cunha, a súa actual presidenta. Esta asociación, que xa conta cun certo percorrido, ten como principal obxectivo potenciar a imaxe e a necesidade da Educación Ambiental entre a sociedade. Nesta extensa entrevista facemos un percorrido polos traballos que está a levar a cabo esta iniciativa, tales como o Proxecto Fénix, o panorama actual da Educación Ambiental en Galiza e o futuro da mesma.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 20 - 21
Buscar modelos de desenvolvemento sostíbel que nos axuden a convivir coa natureza é básico, mais estes pasos estanse a dar moi paseniñamente. Un dos elementos dos que máis dependemos, tanto seres como natureza, é a auga. Nos últimos anos, en parte debido á crecente escaseza dente líquido, estase a falar da pegada hídrica das sociedades, isto é, a cantidade de auga que se precisa para o mantemento desa sociedade, tanto o seu uso directo como o seu uso para bens de consumo. Saber os litros de auga que se precisas para producir un tomate, unha prenda de vestir ou un kg de tenreira pode ser fundamental para concienciarnos sobre o uso que lle estamos dando a este escaso ben e por tanto, comezar a preguntarnos que é o que falla e que podemos facer nós para poñerlle freo a esta situación.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 22
A posible ampliación de 400 metros do aeroporto de Alvedro pon a coñecemento público o Estudo de Impacto Ambiental que se realizou sobre o proxecto. Alvedro trátase dun aeroporto de carácter urbano rodeado de colexios, vivendas e persoas que soportan a diario taxas elevadísimas de ruído. Se temos en conta que tal como está hoxe en día, o aeroporto é deficitario, cómpre preguntarse ata que punto é sostible unha ampliación millonaria, de gran pegada ambiental, nun aeroporto que xa de por si ten moitos problemas para resolver.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 23 - 25
“Podemos soster que os enxeñeiros poden crear localizacións, pero que o tempo é necesario para crear lugares.” ( Y. F. Tuan, 1996, Space and Place: Humanistic Perspective.)En Abril de 2009 sácase a concurso o proxecto de construción da “Ruta das Cetáreas de Rinlo”, consistente en pavimentar e peatonalizar con cemento as rutas naturais do litoral, para a valorización e explotación deste recurso. Cal é o prezo desta “posta en valor” se con elo se destrúe parte da natureza que se pretende protexer? Son necesarias estas intervencións? Todas estas preguntas e máis resolveranse neste artigo.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 26 - 27
As grandes empresas apodéranse do territorio xustificando “servizos á sociedade”. Así é considerado o termo de Utilidade Pública. En principio, debería ser o Estado quen fornecese deste amparo a toda a cidadanía, pero cando a Administración non pode atender a todas as necesidades e servizos, estes son privatizados, ao menos esa é a xustificación. Polo tanto, o Estado perde funcións, mentres que as grandes empresas substitúeno na atención ao cidadán en materias como o abastecemento enerxético, a minaría ou a alimentación, entre outras.