Inicio / Os cultivos enerxéticos e a biomasa: a nova...
19/12/2016
O monte galego e, por extensión, o total do territorio galego enfróntase a unha nova ameaza ambiental e socioeconómica provocada pola aposta do goberno autonómico pola biomasa e os cultivos enerxéticos con especies exóticas de crecemento rápido, como o bambú, a acacia ou o eucalipto nitens. ADEGA alerta das consecuencias da liberalización do sector en Galiza e da inxente cantidade de superficie que as empresas da biomasa precisarán para poder planta e queimar en ciclos curtos.