Inicio / O Castro da Atalaia e as consecuencias da súa...
21/11/2016
ADEGA e Mariñapatrimonio culpan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo da indemnización que a Xunta terá que pagar a cargo do erario público por non ter protexido o Castro da Atalaia a tempo. Malia que estes colectivos advertiron da necesidade de protexelo en 2005, a Xunta non actuou ata 2007, permitindo mentres tanto que unha construtora ocupase 1.600 m2 do xacemento para o levantamento dun edificio.