Inicio / Pobreza, cambio climático e as políticas de...
14/11/2016
"Contra viento y marea" é como se chama o informe da ONG Oxfam Intermón que dirixe ao goberno español para que cumpra os seus compromisos de investimento para a mitigación dos efectos do cambio climático nos países máis pobres. Facendo cálculos e tendo en conta prazos, a ONG conclúe que o goberno español non ten vontade de facer fronte ás súas responsabilidades perante os países máis desfavorecidos polas consecuencias do quecemento global.