Inicio / I Encontro galego de Transición e Decrecemento
10/10/2016
A Red estatal en Transición chegará a Galiza a finais deste mes co I Encontro en Transición e Decrecemento que se celebrará en Galiza. O obxectivo principal deste foro será reunir e poñer en contacto todas as iniciativas e proxectos galegos que estean en sintonía co movemento en Transición, aquel que ofrece resiliencia fronte ao colapso social, ambiental e económico ao que nos leva o crecemento continuo da produción. A Asociación Véspera de Nada será unha das organizadoras deste evento que terá lugar entre o 29 e 31 de outubro, en Betanzos (A Coruña).