Inicio / O futuro do dique ilegal do río Miño terá que...
08/06/2016
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil culpa ao concello de Lugo das obras ilegais do río Miño e proponlle ao Ministerio de Medio Ambiente que resolva multalo con 180.000 euros e obrigalo a derrubar o dique na vindeira época de estiaxe. A resolución definitiva terá que ser dada polo Ministerio. Mentres, ADEGA e a plataforma "Lugo de cara ao Miño" manifestan a súa satisfacción parcial e o concello de Lugo culpa á burocracia do impacto ambiental que estas obras están a exercer no río.