Inicio / Nova regulación sobre fitosanitarios: o carné de...
10/05/2016
Unha normativa de 2012 que entrou en vigor no pasado mes de novembro obriga a cumprir novos requerimentos para poder facer uso dos praguicidas ou fitosanitarios na agricultura convencional. Entre as exixencias atópase a disposición dun carné de manipulador de fitosanitarios para poder ter acceso a certos produtos químicos. Pero non toda persoa que teña contacto coa actividade agrícola debe cursalo. Falamos cun especialista para que nos clarexe esta cuestión e tamén cales deben ser as limitacións do uso de praguicidas.