16/01/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
O imposto ao sol e o decreto do autoconsumo non está a frear o crecemento exponencial que nos últimos anos ten experimentado Galiza con respecto á instalación de paneis solares fotovoltaicos para a xeración de enerxía de autoconsumo. A galega EDF Solar é a empresa líder da instalación fotovoltaica para autoconsumo de todo o Estado. Con ela abordamos os efectos da anunciada posta en aplicación do imposto ao sol ou a peaxe obrigatoria para as instalacións eléctricas de autoconsumo.
13/01/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Entérate en Radio Cerna das novidades ambientais do país na última semana!
11/01/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia ao organismo da bacía Miño-Sil ante a Unión Europea por non facer cumprir cos caudais ecolóxico do río Limia, na súa cabeceira, e por incumprimento do plan hidrolóxico. O colectivo ecoloxista explica neste espazo cales son as razóns desta denuncia e porqué o estado ecolóxico do río Limia, na súa cabeceira, é crítico.
09/01/2017 [00:10:00] [5.78 MB]
Nos vindeiros catro anos, a Xunta vai desenvolver o primeiro Plan galega de promoción e posta en valor dos espazos naturais de Galiza. Este plan establece 16 espazos imán que funcionarán de enclaves reclamo para coñecer as súas áreas de influencia. Falamos desta iniciativa e das primeiras reaccións á proposta da Xunta coa Directora Xeral de Patrimonio Natural da Consellaría de Medio Ambiente, Ana María Díaz López.
04/01/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
No presente espazo de radio, facemos un repaso aos temas da realidade ambiental e do ecoloxismo de Galiza máis resaltables do último ano 2016. Este é o noso resumo do ano! Non o perdades.
02/01/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
De camiño ao día de Reis, ADEGA ofrece algúns consellos para vivir o Nadal de forma ecolóxica. Tomade nota!