12/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Rapasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!
10/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Fisterra é o primeiro concello do litoral galego que se lanza á creación de 5 microrreservas de flora para conservar, recuperar e poñer en valor tres especies de plantas ameazadas. Membros da Universidade de Compostela e da entidade ecoloxista ADEGA encargaranse de levar a cabo este proxecto aberto á participación da veciñanza local e de voluntariado.
08/05/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
"Cambio climático no medio mariño español: impactos, vulnerabilidade e adaptación" é un estudo promovido polo Miniserio de Medio Ambiente que dá resume os impactos que están a sufrir os mares polo cambio climático. Este traballo vén a confirmar os peores pronósticos relativos á mudanza climática nos océanos. Neste espazo coñecemos co principal autor, Diego Kersting, as alteracións que o clima está a provocar nos mares galegos.
05/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita o espazo de Radio Cerna de hoxe e coñece en poucos minutos que novas destacaron esta semana da actualidade ambiental galega.
03/05/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
ADEGA consegue, a través dos tribunais, forzar á Xunta a iniciar o expediente para declarar a Cova Eirós de Triacastela, como Ben de Interese Cultural (BIC). O pasado 10 de abril, a Xunta iniciaba os trámites formais para conquerir esa categoría de protección para o xacemento galego máis importante, probablemente do Paleolítico e único en Galiza con arte rupestre. ADEGA considera que esta resolución tivo lugar en vista de evitar unha sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza á raíz dun recurso contencioso interposto polo colectivo ecoloxista.
28/04/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece cales foron as novas máis importantes desta semana sobre o medio ambiente e a ecoloxía en Galiza.