29/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
O colectivo de mulleres do Valmiñor Comando Ghichas xa conseguiu nos útlimos anos que os concellos de Gondomar e Nigrán se declarasen libres de glifosato, o herbicida máis usado en Europa e considerado potencial carcinóxeno pra a saúde humana pola OMS. Agora, Comando Ghichas lanza de novo unha campaña antiherbicidas que destina especialmente cara á Xunta de Galicia.
26/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece e comparte este espazo coa actualidade ambiental galega e aqueles acontecementos do ámbito ecoloxista máis destacados dos últimos días.
24/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
O Comité na defensa das Rías altas convoca unha mobilización o vindeiro domingo na Laracha para demandar a paralización da construción dun campo de tiro olímpico e ao prazo en Vilar da Fraga, unha das fragas máis importantes do concello e dos arredores da Coruña. Denuncian ademais o impacto da munición de chumbo que se utilizaría no campo de tiro ao prazo sobre o río Anllóns e a súa desembocadura na ría de Corme e Laxe.
22/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) cumpre 25 anos. O seu papel ao longo deste tempo foi fundamental para a conservación e recuperación dos mamíferos marñios varados nas costas galegas. Repasamos co seu presidente, Xosé Martínez Cedeira, os logros conseguidos e tamén as metas que quedan por acadar nesta difícil e necesaria tarefa.
19/05/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Queres saber que novas ambientais destacaron en Galiza nesta semana? Escoita este espazo de Radio Cerna. Só tes que premer!
15/05/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
As tres universidades galegas, xunto co centro de investigacións agrarias de Mabegondo, veñen de crear unha agrupación estratéxica para a investigación do territorio galego chamada BETA +. A idea é dar resposta aos grandes retos de Galiza con respecto á transformación cara a bioeconomía, o aproveitamento dos recursos naturais, o medio rural, o emprego ou a relación dos galegos e galegas co territorio e o medio ambiente.