Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

26/06/2017   [00:10:00]   [9.18 MB]

O mexillón de río, á procura do relevo xeneracional

Hai 30 anos, Galiza era o mellor lugar do sur de Europa para atopar mexillón de río. Tras varias décadas, ese privilexio estámolo perdendo. A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" organizou unhas xornadas de divulgación, entre outras, da especie Margaritifera margaritifera, a máis esquisita dos mexillóns de río. A investigadora principal do proxecto MarMaCul e profesora de zooloxía na USC, Paz Ondina, achéganos algunhas das singularidades da especie e dá conta dos resultados acadados no cultivo ex situ desta especie en perigo de extinción.

23/06/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 23/06/17

Preme e escoita a actualidade ambiental galega en Radio Cerna!

21/06/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

A traxedia incendiaria en Portugal vista desde Galiza

Galiza olla cara a traxedia humana e ambiental de Portugal con preocupación. Sectores sociais, ecoloxistas, científicos e políticos lanzan unha pregunta ao aire: podería pasar en Galiza unha traxedia similar? A outra cuestión que paira sobre a catástrofe é se se podería ter evitado...

19/06/2017   [00:10:00]   [9.19 MB]

As ninfas dos ríos: o nenúfar amarelo do río Miño

O Museo provincial de Lugo acolleu hai poucos días unha xornada divulgativa sobre o nenúfar e o mexillón do río Miño, organizada pola plataforma "Lugo de Cara ao Miño". O botánico e director do IBADER, Pablo Ramil, foi o encargado de exaltar a singularidade dos nenúfares ou ninfas de río, en concreto o Nymphoides peltata, ou nenúfar amarelo, presente nas beiras do río Miño ao seu paso por Lugo. Os nenúfares dos ecosistemas fluviais están en serio perigo.

16/06/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 16/06/17

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza, este é o teu espazo. Escoita Radio Cerna!

14/06/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os retos da nova Lei sobre Cambio Climático no eido da Investigación

O pasado 25 de maio, o Ministerio de Medio Ambiente convocou a debate os diferentes sectores da sociedade española para concretar os aspectos que debe de atender a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética. Neste foro de debate participou a USC en concreto na mesa de Academia e Investigación. A profesora en produción vexetal da USC, Rosa Mosquera, explica para Radio Cerna que conclusións se tiraron neste grupo de discusión. 

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal