07/02/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
O tren é unha materia pendente na vertebración territorial de Galiza. As vellas liñas desaparecen ou déixanse esmorecer, como no caso da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo. O traxecto do tren que transcorre pola cornixa cantábrica, no que se acumularon unhas 900 incidencias só no último ano. A plataforma na defensa desta liña Ferrol-Ribadeo leva anos demandando á administración pública e aos responsables da liña e do servizo, Adif e Renfe Operadora, para que doten de infraestrutura, persoal e horarios flexíbeis a este servizo, do que dependen gran parte da poboación das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra.
05/02/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Os ríos galegos serán analizados e observados a partir deste ano por un novo órgano consultivo, o Observatorio Galego dos Ríos. Un ente impulsado pola Xunta de Galiza para recoller información, analizala e poder asesorar aos órganos executivos sobre as ameazas, os impactos, ou o estado de conservación de todos os ecosistemas fluviais do noso territorio. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, danos máis detalles sobre a funcionalidade desta nova ferramenta de consulta, cuxa primeira encomenda será a de elaborar o Plan Director dos Ríos Galegos.
02/02/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Preme para escoita a actualidade ambiental galega, en Radio CERNA, o programa de radio de medio ambiente e ecoloxía que che ofrece a asociación ecoloxista ADEGA.
31/01/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
O vindeiro venres é o Día Mundial dos Humidais e durante esa xornada e a fin de semana organizaranse varias charlas e xornadas arredor desta temática por todo o país. A que organizan o CEIDA, a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e o Concello de Sada o vindeiro sábado tratará de analizar, entre outros temas, o estado de conservación dos humidais galegos. Falamos con Pablo Ramil, secretario do Consello científico do Comité español do programa MaB da Unesco, para coñecer en que situación se atopan as nosas brañas, lagoas, marismas, xunqueiras ou os máis de 1.100 humidais galegos.
29/01/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
O investigador Miguel Anxo Álvarez da Universidade de Vigo quixo dar resposta a esta pregunta a través da súa tese. Para iso estudou as achegas de orixe natural e antropoxénicas de 9 ríos a 6 das nosas rías galegas. Se queres coñecer os resultados, escoita este espazo.
26/01/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza este é o teu espazo. Escoita Radio Cerna!